Tainá - Uma Aventura na Amazônia é un filme brasileiro de 2000 dirixido por Tânia Lamarca e Sérgio Bloch. O éxito do filme motivou unha secuela e unha precuela Tainá 2 - A Aventura Continua e Tainá - A Origem, estreadas en 2004 e 2011 respectivamente.

Sinopse Conta as aventuras dunha nena indíxena orfa que vive co seu avó, o sabio Tigê, nun recuncho do río Negro na bacía do río Amazonas. Con Tigê, aprende as lendas e historias do seu pobo, convivindo intimamente co bosque e os seus animais. Pouco a pouco, Tainá convértese nunha gardiá do bosque e consegue salvar un pequeno mono de caer nas gadoupas dun traficante. Alcumado Catú, o novo pequeno amigo convértese no seu compañeiro despois da morte do seu avó.

Protexida por un amuleto deixado por Tigê, Tainá continúa a loita en defensa da selva. Perseguida polo traficante, a gardiá deterase nunha pequena aldea onde viven unha bióloga e o seu fillo Joninho, que segue á súa nai nas súas investigacións científicas.

O acordo entre eles faise difícil e Tainá decide abandonar a aldea, pero Joninho, que xa estaba a planear unha "fuxida" para gastarlle unha mala pasada á súa nai, séguea e agora terá que aprender dela a sobrevivir no bosque.

Personaxes Eunice Baía como Tainá Caio Romei como Joninho Ruy Polanah como Vô Tigê Jairo Mattos como Rudi Branca Camargo como Isabel Alexandre Zacchia como Shoba Luciana Rigueira como Tikiri Charles Paraventi como Boca Marcos Apolo como Biriba Betty Erthal como Miss Meg Luiz Carlos Tourinhocomo Mr. Smith Nadine Voullièmevoz como Catú, o mono (voz) Guilherme Briggs como Ludo, o papagaio (voz) Alfonso Segura como Aida, o mono (voz) Jaqueline Arashida como Yemanjac

Notas

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes sobre pobos indíxenas do Brasil