A freira das Desertas (Pterodroma deserta) é unha pequena ave mariña procelárida que se reproduce na illa Bugio das illas Desertas do arquipélago de Madeira.
Taxonomía
As aves do xénero Pterodroma son aves mariñas de océanos temperados e tropicais. De moitas delas sábese pouco, e a súa aparencia moitas veces similar fixo que a taxonomía do grupo fose bastante fluída. Aínda que a sistemática desta especie aínda non foi definitivamente establecida, algunhas autoridades de forma provisional dividiron a freira das Desertas en sentido amplo, separando os exemplares que se reproducen nas Desertas dos que se reproducen no arquipélago de Cabo Verde, mentres que outros consideran que é unha subespecie da freira gon-gon. A especie denomínase polo seu sitio de reprodución, as illas Desertas de Portugal.
Descrición Como antes se pensaba que as tres especies do complexo Pterodroma feae/madeira/deserta eran subespecies dunha especie única, Pterodroma mollis, é fácil de comprender a extrema dificultade de distinguilas. Un resumo de datos dun estudo morfolóxico botou algo de luz sobre o asunto: En tamaño total feae (f.) está máis próxima a deserta (d.) e ambas as dúas son meirandes que madeira (m.) (lonxitude alar - f:262, d: 264, m: 248; tarso - f:34.7, d: 35.2, m: 32.7). A lonxitude do bico é de novo similar en feae e deserta e en ambas é máis grande que en madeira (f:29.0, d: 28.6, m: 26.3). A profundidade do bico é moito maior en deserta, menor en madeira, e intermedia en feae (f:11.9, d: 12.9, m: 10.5). En canto a proporcións: (Lonxitude do bico/lonxitude alar) (f:11.1%, d: 10.8%, m: 10.6%) é bastante similar nos tres taxons. (Lonxitude do bico/profundidade ou altura do bico) (f: 2.44, d: 2.22, m: 2.53) é máis baixa en deserta e máis alta en madeira. En feae é intermedia, pero máis do dobre máis próxima a madeira que a deserta.
Comportamento Un estudo de 2024 do Instituto Oceanográfico Woods Hole atopou que, a diferenza de moitas outras aves mariñas, que tenden a escapar dos furacáns, a freira das Desertas segue o camiño dos furacáns para alimentarse de peixes e luras traídos á superficie polo aumento da axitación e mestura das augas do océano.
Notas
Categoría:Proceláridos Categoría:Animais descritos en 1934