A 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 13 ao 24 maio de 2025. A actriz francesa Juliette Binoche foi a presidenta de xurado para a competición principal. O cineasta iraniano Jafar Panahi gañou a Palma de Ouro, o maior premio do festival, co seu drama Yek tasadof-e sadeh.

O cartel dobre oficial do festival, no que aparecen a actriz Anouk Aimée e o actor Jean-Louis Trintignant no filme Un homme et une femme (1966) de Claude Lelouch, gañadora da Palma de Ouro na 19ª edición do Festival, foi deseñado por Hartland Villa. O actor Laurent Lafitte foi o anfitrión das cerimonias de apertura e clausura..

Notas

Categoría:Festival Internacional de Cinema de Cannes