Ramiro III, nado en 961 e finado en Astorga no 985, foi rei de Galicia entre os anos 966 e 982 exercendo o seu poder desde a cidade de León.
Orixes familiares Fillo de Sancho I de Galicia e da súa esposa Teresa Ansúrez. Sucedeu a seu pai con tan só cinco anos de idade.
A rexencia do reino quedou entón nas mans da súa tía, a monxa Elvira de León, e a súa propia nai, que á morte do seu esposo tamén se retirou a un mosteiro. Grazas a isto Ramiro III sempre contou co apoio do clero do reino.
Vida política Como rei ratificou o tratado de paz co califa de Córdoba, Alhakén II. Enfrontouse coas tropas normandas que invadiran as costas galegas, acabando coa vida do bispo compostelán Sisnando. En 976, tras a chegada ao poder do califa Hixem II, conclúe o período de paz cos musulmáns, polo que tropas andalusís, comandadas polo visir Almanzor, devastaron o norte peninsular.
Ramiro III tentou instaurar unha monarquía absolutista, cousa que acentuou as tendencias centrífugas de Castela e Galiza a respecto de León. Isto, unido ás constantes derrotas ante os musulmáns (San Esteban de Gormaz, 976; toma de Zamora en 981), provocou que a nobreza se revirase contra do monarca, proclamando rei, en Compostela, ao seu curmán Vermudo II de León, fillo bastardo de Ordoño III de León. Coñecido este feito, Ramiro tentou vencer ao seu rival ao que atacou preto de Monterroso, en portela de Areas, sen lograr vencelo, aínda que sen saír derrotado. Retirado a Astorga, alí faleceu.
Matrimonio e descendencia No 979, casou con Sancha de Saldaña, filla de Gómez, conde de Saldaña. Deste matrimonio naceu o infante Ordoño Ramírez, casado con Cristina de León, filla de Vermudo II.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Lista de reis de Galicia Lista de reis de León
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Reis de León Categoría:Nados en 961 Categoría:Finados en 985