Castelao é un EP que recolle unha descrición biográfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, presentado por Isabel Freire Bazarra, con fragmentos da propia voz do autor rexistrada para a presentación da obra de teatro Os vellos non deben de namorarse feita en Montevideo no ano 1941 (cedida polo Arquivo Sonoro de Galicia). Así mesmo, Ramón Piñeiro e Ánxel Fole fan comentarios sobre Castelao (gravados durante a súa intervención no programa da Radio Galega "Parladoiro"), ademais das impresións proporcionadas por Ricardo Carvalho Calero e Ramón Otero Pedrayo (ámbalas dúas cedidas polo Arquivo Sonoro de Galicia). É a octoxésimo novena casete da colección Fonoteca 92, foi publicado en 1992 pola Editorial Compostela de El Correo Gallego.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Arquivo Sonoro de Galicia

89 Categoría:Castelao