miniatura|Brotes de espárragos crecendo de turións e non directamente do talo principal da planta. miniatura|Turións de Utricularia vulgaris Un turión (do latín turio, que significa 'brote') é un tipo de xema que pode crecer dando lugar a unha planta completa. Un turión pode ser unha xema subterránea. Moitos dos membros do xénero Epilobium producen turións a nivel ou por debaixo do chan.
Algunhas especies de plantas acuáticas producen turións para pasaren o inverno, especialmente nos xéneros Potamogeton, Myriophyllum, Aldrovanda e Utricularia. Estas plantas producen turións en resposta a condicións desfavorables como a diminución da duración do día ou a baixada das temperaturas.
Derivan de ápices de brotes modificados e adoitan ter abundante amidón e azucres, o que lles permite funcionar como órganos de almacenamento. Aínda que son resistentes (resisten a conxelación), é probable que a súa adaptación principal sexa a súa capacidade de afundirse ata o fondo dunha lagoa ou lago cando a auga se conxela. Como a auga se expande anormalmente a baixas temperaturas, a auga a 4 °C é máis densa que a auga máis fría, e así permanecen no fondo da lagoa ou lago onde se concentra esa auga menos fría. Os turións pasan o inverno nesta auga menos fría e máis densa antes de ascenderen de novo en primavera. Algúns turións de plantas acuáticas como Potamogeton crispus tamén presentan resistencia á seca, grazas ao que poden sobrevivir en pozas temporais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Sculthorpe, C. D. 1967. The Biology of Aquatic Vascular Plants. Reimpreso en 1985 Edward Arnold, Londres. p. 346-364. Turion Overwintering Of Aquatic Carnivorous Plants, International Carnivorous Plant Society, Science Newsletter, xuño de 1999 – Lubomír Adamec, Academy of Sciences of the Czech Republic, Institute of Botany.
Outros artigos
Bulbilos, que poden lembrar os turions, pero conteñen follas de almacenamento especializadas Hibernáculo (botánica)
Categoría:Morfoloxía das plantas Categoría:Reprodución vexetal