Próxeno de Atarneo (en grego antigo: Πρόξενος ὁ Ἀταρνεύς) foi o titor de Aristóteles despois da morte dos seus pais. Próxeno educou a Aristóteles uns dous anos antes de envialo a Atenas á Academia de Platón. Viviu en Atarneo, unha cidade en Asia Menor.

Próxeno casou coa irmá maior de Aristóteles, Arimnesta, coa que tivo unha filla de nome Hero e un fillo chamado Nicanor. O fillo de Hero, Calístenes de Olinto, converteríase máis tarde nun estudante e colaborador de Aristóteles. Nicanor finalmente casou coa súa curmá Pitias a Nova, filla de Aristóteles.

Véxase tamén Bibliografía Dióxenes Laercio, Vida de Aristóteles. Traducido por C.D. Yonge. Eduard Zeller, Aristotle and the Earlier Peripatetics (1897).

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido