miniatura|256px|O. mordax. Osmerus mordax é unha especie de peixe de auga doce que vive en América do Norte da familia Osmeridae. É a presa doutros grandes peixes como Sander vitreus, troitas e outros. El prefire comer crías de peixes corégonos, zooplancto, como copépodos calanoides (Leptodiaptomus ashlandi, L. minutus, L. sicilis), e outros pequenos organismos, pero son agresivos e mesmo comen case todo tipo de peixes que atopen. Son anádromos que desovan en primavera e prefiren regatos claros e lentos con algo de partículas en suspensión. Están moi afectados polas barreiras que atopan ao seu paso. Non son potentes nadadores e cóstalles traballo nadar polas escadas para peixes, o que lles impide superar as barraxes dos encoros e chegar ao tipo de regatos onde desovan. O aumento da erosión e a constución de encoros axudaron a decimar as pobaocións deste peixe na década de 1980. Actualmente hai plans para tratar de reducir a construción de encoros e controlar a erosión.

Descrición

Teñen un corpo delgado e cilíndrico, co dorso verde e lados púrpura iridescente, azul e rosa, coa parte ventral clara. Cando crecen completamente, chegan aos 18-23 cm de lonxitude e pesan uns 85 g. Coñécense exemplares que chegaron aos 30 cm de longo.

Distribución e hábitat É unha especie espallada por todas as cuncas fluviais de América do Norte. A súa distribución nativa en América do Norte esténdese desde as redes fluviais do Atlántico entre Nova Jersey e o Labrador ata as do Ártico e o Pacífico polo sur ata a illa de Vancouver. Foi introducido en corpos de auga dos estados de Colorado, Connecticut, Xeorxia, Idaho, Illinois, Indiana, Iowa, Kansas, Kentucky, Louisiana, Maine, Maryland, Massachusetts, Michigan, Minnesota, Missouri, Montana, Nebrasca, Nova Hampshire, Nova York, Carolina do Norte, Dacota do Norte, Ohio, Pensilvania, Dacota do Sur, Tennessee, Vermont, Virxinia e Wisconsin.Fuller P. and E. Maynard (2011) Osmerus mordax. USGS Nonindiginous Aquatic Species Database. nas.er.usgs.gov.

miniatura|esquerda|Exemplar capturado no lago Superior.

Invadiu os Grandes Lagos pola introdución intencionada de ovos tomados de poboacións historicamente coñecidas de Maine no lago Crystal, Michigan en 1912. Este lago drena no lago Michigan, desde o cal escaparon espallándose rapidamente polos Grandes Lagos e os seus tributarios. Os primeiros rexistros que documentan a expansión nos Grandes Lagos incluíndo os lagos Michigan, Erie, Hurón, Ontario e Superior. Foron detectados por primeira vez no lago Ontario en 1929, e probablemente chegaron a el dispersándose polos cursos de auga que partían do lago Finger de Nova York, onde foron intoducidos intencionadamente en 1917. A capacidade deste peixe de se dispersar está determinada pola conectividade dos lagos, a capacidade de moverse polos regatos e ríos que os comunican, e a o axeitados que son os lagos conectados como hábitat. Os O. mordax son nadadores débiles e non poden ascender polas escadas para peixes que salvan os encoros. Isto axudou a impedir un espallamento aínda maior.

Vive en ríos, áreas costeiras e lagoas. Nos seus territorios anádromos, pasan o verán ao longo da costa, normalmente en augas de non máis de 6,1 m de profundidade e a non máis de 1,6 km da costa. Pasan o inverno baixo a capa de xeo nos estuarios, producindo unha proteína anticonxelante e glicerol. Na pimavera, desovan pola noite en pequenos regatos, a miúdo aqueles que secan en verán.

Ecoloxía

En 1883 Stedman e Argyle atoparon que O. mordax comía peixes Coregonus hoyi e Alosa pseudoharengus. Porén, afirmaron que este predador non afectara a poboción de C. hoyi, pero que ese impacto era posible. Un estudo de 2003 de Horppila et al. mostrou que as densidades de O. mordax poden superar os 40.000 individuos por hectárea e poden crear unha gran presión de predación no lago. Horppila et al. tamén afirmaron que un só exemplar pode comer entre 0,12 e 0,14 gramos de alimento en peso húmido por día. Outro estudo mostrou que no lago Ontario as fontes de alimento primarias para O. mordax eran os peixes Cottus cognatus e os camaróns Mysis relicta, pero nada dicía sobre se esta predación tiña un efecto significativo sobre as poboacións. En 1973 Havey informou que houbo un incremento do crecemento das poboacións de salmón atlántico despois da introdución de O. mordax. Tamén sinalaron Brandt e Madon en 1986 que a troita lacustre americana adulta (Salvelinus namaycush) podía ser unha especie predadora clave para o O. mordax. Hrabik et al. (1998) atoparon probas de competición polo alimento entre os O. mordax introducidos e a Perca flavescens nativa en hábitats lacustres de Wisconsin, e o O. mordax pode ser parcialmente responsable do declive nos grandes lagos dos Coregonus spp. A EPA dos Estados Unidos afirmou en 2008 que cría que este peixe contribuíra á extinción do Sander vitreus glaucum ao superalo na competencia polo alimento. A acidez pode alterar as distribucións de O. mordax porque non se atoparon en lagos con pH inferior a 6,0 en varias avaliacións. Debido ao derretemento da neve, os seus ovos poderían quedar expostos a diminucións de pH letais en lagos pouco tamponados.

Historia vital Son peixes anádromos, que ascenden polos ríos desde as augas salgadas ás doces para desovaren. Tamén poden completar a súa historia vital exclusivamente en auga doce. Os adultos confinados en corpos de auga rodeados de terra desovan pouco despois do desxeo de noite nas partes baixas dos regatos. Shaw atopou nas súas investigacións que non se producira nungunha desova na liña de costa. McKenzie afirma que o número de ovos expulsados pola femia está relacionado positivalente co seu tamaño e Nellbring afirmou no seu estudo de 1989 que os ovos son pegañentos e adhírense a substratos como grava, area, lama ou vexetación mergullada. Deixan os ovos desatendidos e fan eclosión en 1–4 semanas, dependendo da temperatura da auga. O momento da madureza sexual depende da dispoñibilidade de alimento e da temperatura da auga, de modo que a comida abundante e as temperturas máis cálidas favorecen un crecemento máis rápido. Crossman e Scott afirman que en condicións óptimas e nos lagos grandes, O. mordax pode chegar aos 35,6 cm e pode vivir uns sete anos.

Pesca miniatura|Pesca no xeo de O. mordax. Péscase tanto con fins comerciais coma por deporte. As capturas comerciais diminuíron respecto aos niveis históricos; por exemplo arredor de 1880 só a captura anual no río Charles era duns 9 millóns de peixes, mentes que hoxe se atopan poucos exemplares nese río. Xeralmente son procesados como alimento para animais, pero tamén os comen as persoas. Son un peixe de pesca deportiva popular en inverno e esperar o ascenso dos ríos que fai este peixe en primavera é unha tradición en moitas partes da súa distribución. Pescalos con rede de enmalle foi historicamente común na ribeira do lago na cidade de Chicago.

Xestión As pobaocións deste peixe en áreas onde foi introducido, como os Grandes Lagos, incrementáronse en moitas rexións, mesmo coas medidas tomadas para controlar o seu espallamento. Fixéronse varias cousas para xestionar esta especie. A extracción masiva de peixes pola sobrepesca reduciu as súas pobaocións nalgúns lagos na década de 1980. Algunhas persoas están utilizando unha estratexia química contra este problema crecente, usando rotenona, pero, aínda que é efectiva, tamén dana outros organismos e non é moi aceptado pola opinión pública. Cox e Kitchell afirman que se informou do declive das poboacións desta especie, despois da recuperación natural ou reposición de peixes predadores, en lagos con tamaños que van desde o do lago Superior ao lago Hessen. Adicionalmente, observáronse resultados similares nunha pequena lagoa preto de Lillehammer, Noruega en 1983, o que podería ser outro método de control.

Esta especie para o National Marine Fisheries Service dos Estados Unidos é unha especie en estado preocupante (Species of Concern), e a NOAA considera que pode estar ameazada, pero hai insuficiente información para indicar que se inclúa na Lei de Especies Ameazadas dos Estados Unidos.Species of Concern NOAA

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Gulf of Maine Rainbow Smelt Information and Population Trends Michigan DNR Fish Identification Datos da especie de Earl J.S. Rook Nova Scotia Department of Agriculture and Fisheries factsheet U.S. Geologic Survey Nonindigenous Aquatic Species page

Categoría:Osmeriformes Categoría:Peixes de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1814