Atsuo Fujimoto (en caracteres xaponeses ), nado o primeiro de abril de 1954 na cidade de Kamakura, prefectura de Kanagawa, é un músico xaponés de pop-fusión e pianista de jazz, cantante, músico de sintetizador, compositor de música cinematográfica e anuncios e arranxador musical.

Traxectoria Dende neno recibiu clases particulares de piano da nai do compositor Yūji Takahashi. Na infancia enrolouse nun coro infantil adquirindo experiencia continuada en canto ata a súa etapa adulta. Comezou a tocar a guitarra e a compor música nunha banda de rock aos primeiros anos da adolescencia. Durante o instituto, foi chamado para tocar en bandas de rock e jazz en clubs, salas de concertos e festivais universitarios: actuou como cantante, guitarrista, baixista e batería.

Comezou a súa carreira musical durante os seus estudos de Filosofía e Antropoloxía da Música na prestixiosa Universidade de Waseda en Tokyo. Pouco despois, pasou a ser solista en directo e na televisión, traballando principalmente como intérprete de música clásica. Fujimoto foi invitado a colaborar e gravar con moitos artistas de sona no ano 1980, como Kazumi Watanabe, Yosuke Yamashita, YMO e Tipographica, como un talentoso músico e multiartista, que dominaba a guitarra, o piano, o baixo, a batería, o saxofón e a voz, e que tamén podía compoñer e arranxar música.

Ademais, como líder de banda, actúou como un músico transcultural e levou a cabo moitas actuacións e gravacións experimentais, gañándose unha tremenda popularidade e o respecto tanto do público como dunha ampla gama de músicos.

No ano 1981, formou o dúo de culto categorizado como electrónica xaponesa, proto-house ou japanism xunto á tamén pianista Ichiko Hashimoto bautizado como Colored Music, publicando un álbum homónimo. Durante o 1993 como doente das secuelas físicas dun grave accidente de tráfico pasou o ano prostrado na cama na súa vivenda en Tokyo eliminando as xiras musicais con colaboradores.

En 1998, formou "the Trio" xunto a Ichiko Hashimoto e Nobuyoshi Ino.En 2005, lanzou dous álbums e continuou a perseguir a súa visión da música cunha nova banda xunto a Kazuko Hashimoto e Nobuyoshi Ino no trío "Ub-X"; na banda a súa interpretación á batería acaba por alcanzar un polirritmo mediante a creación consciente de pulsos baseados en razóns de números enteiros.

Como compositor de música cinematográfica destaca o seu traballo en solitario cubrindo toda a banda musical da película de 1984, "O tren correu pola meseta" dirixida por Fuji Saeki. No seu traballo para a publicidade son coñecidas en Xapón as trillas sonoras dos anuncios para Canon Inc., Freixenet, Kao Corporation ou para a cervexa de HiteJinro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil

Categoría:Pianistas do Xapón Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Nados na prefectura de Kanagawa Categoría:Nados en 1954