José Fernández Pérez, nado en Estremar (Cervantes) o 20 de setembro de 1907 e finado en Gusen o 26 de febreiro de 1942, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.

Traxectoria Fuxiu a Francia trala conclusión da guerra civil española, sendo recluído no campo de internamento de Vernet d'Ariège. Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e enviado ó Stalag X-B, en Sandbostel (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 3 de marzo de 1941, e finalmente trasladado ó campo de concentración de Gusen, onde pereceu o 26 de febreiro de 1942.

Recoñecementos A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica colocou no concello de Cervantes unha Stolperstein na súa memoria, así como en lembranza de Jesús López Digón, Octavio Arias González, Manuel Fernández Fernández, José Fernández Santín e Jesús Méndez López, todos eles orixinarios deste municipio e vítimas do franquismo e o réxime nazi.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis