O inhibidor da ribonuclease (RI) é unha proteína de repeticións ricas en leucina grande (~450 residuos, ~49 kDa), ácida (pI ~4,7) que forma complexos extremadamente fortes con certas ribonucleases, ás que inhibe.

O inhibidor da ribonuclease ten un contido en cisteína sorprendentemente elevado (~6,5 %, fronte ao 1,7 % dunha proteína típica) e é sensible á oxidación. Tamén é rico en leucina (21,5 %, comparado co 9 % nas proteínas típicas) e unha riqueza proporcionadamente menor noutros residuos hidrófobos, especialmente valina, isoleucina, metionina, tirosina e fenilalanina.

Estrutura

miniatura|esquerda|400px|Vista lateral do inhibidor da ribonuclease porcina;; as fitas están coloreadas de azul (N-terminal) a vermello (C-terminal).

O inhibidor da ribonuclease é unha clásica proteína de repetición rica en leucina, que consta dunha alternancia de α-hélices e cadeas β. Estes elementos de estrutura secundaria enróscanse formando un solenoide curvo dextroxiro que lembra unha ferradura. As cadeas β paralelas e as α-hélices forman as paredes interna e externa da ferradura, respectivamente. A estrutura parece estar estabilizada por residuos de asparaxina enterrados na base de cada xiro, conforme pasa da forma de α-hélice á cadea β. As repeticións αβ alternan nunha lonxitude de entre 28 e 29 residuos, formando unha unidade de 57 residuos que corresponde á súa estrutura xenética (cada exón do seu xene codifica unha unidade de 57 residuos).

Unión ás ribonucleases miniatura|300 px|Complexo heterotetrámero de ribonuclease I (amarela) e inhibidor (hélices rosas) humano. A afinidade do inhibidor da ribonuclease (RI) está entre as máis grandes de todas as interaccións proteína-proteína; a constante de disociación do complexo RI-RNase A está no rango femtomolar (fM) en condicións fisiolóxicas. Malia esta grande afinidade, o RI pode unirse a unha ampla variedade de RNases A aínda que teñan unha identidade de secuencia relativamente baixa. Tanto os estudos bioquímicos coma as estruturas cristalográficas dos complexos RI-RNase A indican que a interacción está determinada sobre todo por interaccións electrostáticas, pero tamén interveñen substanciais áreas superficiais enterradas. A afinidade do inhibidor da ribonuclease polas nucleases é importante, xa que moitas ribonucleases teñen efectos citotóxicos e citoestáticos que se correlacionan ben coas súas capacidades de unírense ao inhibidor da ribonuclease.

Os inhibidores da ribonuclease de mamíferos son incapaces de unirse a certos membros da familia das riboncleases pancreáticas doutras especies non mamíferas. En particular, as RNases de anfibios, como a ranpirnase e a anfinase da ra Lithobates pipiens, escapan da inhibición do inhibidor da ribonuclease e teñen unha citotoxicidade diferencial contra células cancerosas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Guanidinio tiocianato - un inhibidor da RNase químico.

Bibliografía

Categoría:Dominios proteicos Categoría:Inhibidores de hidrolases Categoría:Proteínas LRR