Óscar Val García, nado en Agolada o 21 de febreiro de 1975, é un político galego vinculado ao concello de Agolada, concelleiro polo Partido Anticorrupción y Justicia (PAYJ), e desde novembro de 2025 alcalde pola dimisión do anterior rexedor, Luís Calvo Miguélez.

Traxectoria Cando o empresario retornado de Suíza Luís Calvo Miguélez, iniciou a súa carreira política fundando o partido Anticorrupción y Justicia (PAYJ), Val sumouse ao proxecto. Nas eleccións de 2019 foi elixido concelleiro e exerceu como tenente de alcalde no goberno de Calvo. En marzo de 2022 tanto el coma o alcalde fixeron público que se ofrecían á embaixada de Ucraína para combater contra o exército ruso, un xesto que tivo unha importante repercusión nos medios aínda que, finalmente, non foron.

Nos comicios de 2023 Val recuncou nas listas de Anticorrupción y Justicia, foi elixido concelleiro e renovou como primeiro tenente de alcalde. O 24 de novembro de 2025, logo da condena de Calvo por un delito de prevaricación e a súa subseguinte dimisión, Val pasou a ocupar a alcaldía en funcións. No pleno do 16 de novembro de 2025, foi elixido alcalde.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Agolada

Categoría:Alcaldes de Agolada

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Agolada

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes