O último parte da guerra civil española asinouno o xeneral Francisco Franco o 1 de abril de 1939, mediante un folio co encabezado «Cuartel General del Generalísimo. Estado Mayor».
miniatura|Gravación oficial da emisión.
A guerra rematou «A guerra rematou» é a frase coa que conclúe o último parte de guerra do bando sublevado, emitido o 1 de abril de 1939 por Franco. Con ese comunicado finalizou oficialmente a contenda fratricida.
Lectura radiofónica Trátase do único parte asinado polo xeneral Franco, quen revisou minuciosamente a redacción e aplicou varias correccións. O texto definitivo levouse á présa desde a sede do goberno franquista durante a guerra, en Burgos, até o entón estudio de Radio Nacional de España, no próximo Paseo do Espolón. Foi lido ás 22:30 polo actor e locutor Fernando Fernández de Córdoba.
Contexto histórico do parte miniatura|Reprodución facsímile do último parte oficial de guerra asinado polo xeneral Francisco Franco. Conclúe coa frase: «a guerra terminou». O cuartel xeral do Xeneralísimo estaba entón no palacio de La Isla de Burgos, capital provisional do bando sublevado durante a guerra civil.
A denominación III ano triunfal era unha maneira protocolaria de referirse a 1939. O bando franquista chamou a 1937 I ano triunfal e a 1938 II ano triunfal. O ano 1939 foi tamén chamado polo bando sublevado como Ano da Vitoria. Sobre o costume de asignarlle un slogan propagandístico aos anos, especulouse que puidese estar copiado da Italia de Mussolini. Esta numeraba os anos en números romanos contando a partir de 1922, o ano da Marcha sobre Roma. Con todo, Mercedes Martínez, filla do tenente coronel José Martínez Maza, axudante de campo de Franco durante a guerra, explicou o porqué da utilización do termo «Ano Triunfal» desde o inicio da contenda:
O tenente coronel Martínez Maza quedou co borrador do parte de guerra escrito por Franco, a quen tamén pediu permiso para quedar co lapis que utilizara. Así permaneceu este documento orixinal, primeiro en mans do tenente coronel até a súa morte en 1963, e despois nas dos seus familiares. Agás unha fotografía en branco e negro realizada pola axencia EFE hai varias décadas, non existía ningunha outra imaxe pública deste borrador. O xornal ABC mostrou en exclusiva e en cor este documento no 75º aniversario da súa redacción.
O 1 de abril pasou a ser celebrado como Día da Vitoria durante todo o franquismo. O parte fala de que as tropas nacionais alcanzaron os seus últimos obxectivos «militares». Franco subliñaba así a importancia política que para el tiña o exército.
Malia ser considerado como o final da contenda, continuou habendo guerrillas de combatentes republicanos durante os anos da posguerra.
Influencia cultural A ucronía titulada En el día de hoy, do escritor español Jesús Torbado obtivo o Premio Planeta en 1976. A novela toma o seu título das primeiras palabras do parte. Esta ucronía conta que puido pasar se o goberno da Segunda República gañase a guerra civil española. A novela aprovéitase do coñecido que é o parte, repetíndoo palabra por palabra, cambiando «exército vermello» por «exército faccioso» e «tropas nacionais» por «republicanas».
Nunha escena da película cómica española Cristóbal Colón, de oficio... descubridor (1982) a raíña Isabel I de Castela le o parte que anuncia o final da Guerra de Granada. Reproduce textualmente o parte do xeneral Francisco Franco, onde só substitúe a expresión «exército vermello» por «exército inimigo».
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerra civil española Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Franquismo