José Naveira Campos, nado en Betanzos o 24 de novembro de 1910 e finado en Gusen (Austria) o 12 de agosto de 1942, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.
Traxectoria Vogal do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos adscrito á CNT. Figura como un dos mozos inscritos na Mariña no departamento marítimo de Ferrol en xullo de 1929, reclamándose a súa incorporación o ano seguinte.
Exiliouse en Francia tralo triunfo do bando franquista na guerra civil española. Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e enviado ó Stalag V-D, en Estrasburgo. Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 13 de decembro de 1940 co número de matrícula 5 073, e trasladado o 29 de marzo de 1941 ó campo de concentración de Gusen co número de matrícula 11 554, onde pereceu o 12 de agosto de 1941.
Vida persoal Fillo de Francisco Naveira e de María Campos, residía en Betanzos en marzo de 1934.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis