Melkon Tazbazian (en ), nado en 1654 en Mardin (Imperio Otomán) finado c. 1716, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Mardin dende 1708 até o seu pasamento. Traxectoria A súa familia descendía de armenios nobres e con influencia na corte safávida, que coa chegada ao trono de Mohammad Khodabanda tiveran que fuxir a Bagdad (daquela parte do Imperio Otomán) polas políticas contrarias ao cristianismo do xa. Reproducido online en Parte da familia permaneceu en Bagdad e en Mosul, e co tempo acabarían por mesturarse cos siríacos cos que compartían fe, e adoptaron a súa lingua e cultura; desta pola descende quen sería patriarca de Antioquía dos siríacos Ignacio Behnam II Bani. O avó de Tazbazian estableceuse en Mardin, onde naceu en 1619 o seu pai, Murad.

En marzo de 1654 naceu en Mardin Melkon Tazbazian. O seu pai ensinoulle lingua e historia armenias, e enviouno á escola que tiñan os carmelitas a estudar lingua italiana e teoloxía; Melkon foi achegándose ao catolicismo e os carmelitas lle propuxeron ir a continuar os seus estudos a Roma. Porén, o seu pai opúxose radicalmente, mais logo dunha forte enfermidade do seu fillo, na que foi coidado polos propios carmelitas, aceptou e el mesmo achegouse ao catolicismo. En 1670 Tazbazian finalmente trasladouse a Roma, estudando no Colexio Urbaniano, e obtivendo o título de vardapet. Alí foi ordenado sacerdote en 1680.

Á súa volta a Mardin evanxelizou entre os armenios da súa cidade con grande éxito, de forma que a comunidade pasou a ser maioritariamente católica. En 1708 foi nomeado arcebispo de Mardin, e foi consagrado bispo no mesmo ano en Alepo por Pedro II de Alepo. En 1714 foi condenado xunto con Abraham Arçiwean por propagar a idea da unión con Roma, logo de que varios católicos armenios lle elixisen como patriarca; alí finou pouco despois (arredor de 1716).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Reproducido online en

Categoría:Nados en 1654 Categoría:Nados na provincia de Mardin Categoría:Bispos da Igrexa católica armenia