José Rodríguez de Dios, nado en Ourense o 4 de outubro de 1922 e finado na mesma cidade o 11 de xuño de 1967, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria

Fixo o bacharelato no colexio dos maristas de Ourense. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1932). Monárquico, seguidor de Calvo Sotelo. Foi director do periódico Galicia. Traballou como avogado. Alférez provisional, e despois tenente de intendencia, en agosto de 1939 fíxose cargo dos servizos de intendencia de Ourense.La Región, 17-8-1939, p. 2. Foi asesor xurídico da Caixa de Aforros de Ourense e secretario do Tribunal Tutelar de Menores. Foi nomeado presidente da Deputación de Ourense en 1955. Foi nomeado procurador en Cortes. Cesou como presidente da Deputación en 1959. Finou en Ourense o 11 de xuño de 1967.Necrolóxica en La Región, 13-6-1967, p. 6.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes