Josep Puig i Just (coñecido tamén como Joseph Puig), nado en Perpiñán o 11 de decembro de 1859 e finado na mesma cidade en maio de 1929, foi un comerciante e numismático francés."Josep Puig i Just". Enciclopedia.cat

Traxectoria Josep Puig naceu en Perpignan o 11 de decembro de 1859 no barrio de Réal, en Pepiñán, no seo dunha familia modesta, fillo de Maria Just e de Joseph Puig.«Joseph Puig, le fondateur de la collection». Mairie-perpignan.fr Tivo unha sólida formación na súa infancia e, xa de adulto, aprendeu latín e grego.Crusafont, M. "Josep Puig i Just" (2021). Repertori de Col·leccionistes i Col·leccions d'Art i Arqueologia de Catalunya (rccaac.iec.cat).

Na súa xuventude espertouse nel o interese pola numismática a partir do achado casual dunha moeda medieval do conde Ramón Berenguer IV de Barcelona. Durante o seu servizo militar en Albi, coñeceu o arcebispo de Albi, Etienne-Emile Ramadié, quen o puxo en contacto cun numismático que contribuíu á súa formación nesta materia.

Logo do seu casamento con Marie Joséphine Baselice Tiné, unha moza acomodada de Sant Llorenç de la Salanca, os pais dela compráronlle unha zapataría en creba en Perpiñán, que Puig logrou vender despois obtendo uns beneficios que destinou a establecer unha mercería, e tamén para ampliar a súa colección de moedas raras, especializada nas emisións de Perpiñán e do condado do Rosellón. Ante o declive do éxito deste novo negocio, o matrimonio marchou a París, onde se asociou cun comerciante de encaixes, e Puig comezou a exercer como representante da compañía. Na capital mantivo relacións cos numismáticos e coleccionistas máis destacados do momento, e o éxito desta nova etapa profesional foi parello co enriquecemento da súa colección numismática. No entanto, o seu socio traicionouno e a sociedade acabou por disolverse, aínda que Puig fico nunha boa posición económica. Así as cousas, a popularidade que acadou no negocio da mercería fixo que e as grandes fábricas de fíos de Lille procurasen contratalo, e finalmente asinou un contrato co propietario da compañía Louis d'Or, para ser o seu representante no sur de Francia, España e Italia.miniatura|Fachada de Les Tilleuls, a súa residencia en Perpiñán e sede do Museo de Moedas e Medallas Joseph Puig. Como resultado da fortuna que foi adquirindo cos seus negocios, Joseph Puig adquiriu uns terreos en Perpiñán econstruíu neles en 1907 a casa señorial coñecida como Villa Les Tilleuls, na que decidiu retirarse en 1918 logo do pasamento do seu único fillo en combate o derradeiro día da primeira guerra mundial. Nesta etapa final da súa vida dedicou o seu tempo á numismática, ata o seu falecemento en maio de 1929, aos 69 anos."Présentation du Musée des monnaies et médailles Joseph Puig". Mairie-perpignan.fr

Ao longo da súa traxectoria publicou diferentes artigos sobre numismática e mantivo un estreito contacto co numismático xironés Joaquim Botet i Sisó, con quen mantivo unha longa correspondencia.

Joseph Puig legou á cidade de Perpiñán todos os seus bens, coa condición de que a colección de moedas e medallas, composta por máis de 35.000 pezas, se exhibise de xeito permanente en Les Tilleuls; esta foi a orixe do Museo de Moedas e Medallas Joseph Puig, que aínda permanece en actividade, dedicado non só á numismática senón ao impulso da cultura catalá en xeral.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Museo de Moedas e Medallas Joseph Puig

Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Nados en Perpiñán Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Coleccionistas Categoría:Cataluña do Norte Categoría:Personalidades sen imaxes