Aroa Moreno Durán, nada en Madrid en 1981, é unha escritora e xornalista española.

Traxectoria Estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid, especializándose en Información internacional e países do Sur. É escritora de novelas (La hija del comunista, La bajamar e Mañana matarán a Daniel); de poemarios (Veinte años sin lápices nuevos e Jet lag) e das biografías de Frida Kahlo (Viva la vida), Federico García Lorca (La valiente alegría) e a biografía ilustrada de Almudena Grandes (Almudena. Una biografia) xunto con Ana Jarén.

Impartiu talleres de xornalismo e escritura en México e colabora con varios medios de comunicación.

A súa primeira novela foi La hija del comunista e foi galardoada por Radio Nacional de España co Premio Ojo Crítico en 2017 como a mellor novela do ano. Almudena Grandes falou dela como «Unha novela perfecta, pola emoción e pola maneira de acertar en todas as decisións da súa autora». La hija del comunista narra en primeira persoa a vida de Katia, filla de emigrantes españois na Alemaña do Leste, obrigados a exiliarse por pertencer ó Partido Comunista de España, e relata a súa vida á sombra dos acontecementos históricos e políticos que se suceden dende os anos 50 até a caída do Muro de Berlín.

Aroa obtuvo o premio Grand Continent en 2022 por La bajamar no que conta a historia dunha familia do País Vasco a través de tres xeracións de mulleres narrando case un século da historia recente, dende a guerra civil e o exilio á actualidade, pasando polos anos do terrorismo de ETA.

Obra

Poesía

2009,Veinte años sin lápices nuevos. Cádiz: Deputación de Cádiz/Alume. ISBN 978-84-96583-98-6. 2016, Jet lag. Baile do Sol. ISBN 978-84-16794-10-2 2025, Todavía una noche. Barcelona: Tusquets. ISBN 978-84-1107-575-6

Biografía

2011, Frida Kahlo. Viva la vida. Barcelona: Difusión Centro de Publicación e Publicacións de idiomas. ISBN 978-8484437369 2012, Lorca. La valiente alegría. Barcelona: Difusión Centro de Publicación e Publicacións de idiomas. ISBN 978-84-84437-37-6. 2024, Almudena. Unha biografía. Ilustrado por Ana Jarén. Barcelona: Lumen - Penguin Random House. ISBN 978-84-264-2653-6.

Novelas

2017, La hija del comunista. Caballo de Troya. ISBN 978-84-15451-80-8.

2022, La bajamar. Barcelona: Literatura Random House. ISBN 978-84-39739-93-7

2025, Mañana matarán a Daniel. Barcelona: Literatura Random House. ISBN 978-84-39744-94-8

Premios

Premio Ojo Crítico de Narrativa 2017 por La hija del comunista. Prix Grand Continent 2022 por La bajamar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista a Aroa Moreno Durán, Premio El Ojo Crítico de Narrativa 2017 Las ínsulas prometidas: Entrevista a Aroa Moreno Durán

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid