A beirarrúa bici é un tipo de vía ciclista que consiste nun espazo sinalizado para a circulación de bicicletas situado sobre a beirarrúa ou compartido co tráfico peonil. Xeralmente está delimitado mediante marcas viarias, cambios de pavimento ou sinalización vertical.
A construción de beirarrúas bici é moi controvertida. Suele implantarse como unha solución inicial ou provisional cando unha cidade comeza a desenvolver a súa rede ciclista, debido a que poden ofrecer unha maior percepción de seguridade para ciclistas inexpertos ante un tráfico que non está pacificado. Non obstante, xeran numerosos conflitos cos peóns.
Diversos estudos sinalan que as beirarrúas bici non contribúen á pacificación do tráfico nin a un cambio modal amplo, na medida en que non implican unha redistribución do espazo viario dominado polo coche. Ao situarse sobre a beirarrúa, manteñen inalterada a asignación principal da calzada aos vehículos motorizados, o que limita o seu impacto estrutural na xerarquía da mobilidade. Por esta razón, numerosos manuais de deseño recomendan dar prioridade a solucións como carrís bici acompañados de medidas de redución da velocidade, considerando as beirarrúas bici como unha opción excepcional ou transitoria.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Carril bici Vía ciclista
Categoría:Infraestrutura ciclista Categoría:Rúas