Un beiravía bici é unha beiravía acondicionada para a circulación ciclista mediante sinalización específica, marcas viarias, elementos de protección ou adaptacións do firme. Esta solución aproveita o espazo lateral xa existente na vía. Adoita empregarse en estradas interurbanas ou travesías con baixa intensidade de tráfico, onde a construción dunha vía ciclista independente non é viable por razóns económicas ou de espazo.
Ten un baixo custo de implantación. Porén, presenta limitacións relacionadas coa seguridade das persoas ciclistas, especialmente en vías con tráfico pesado ou alta velocidade, onde a ausencia de barreiras físicas pode xerar situacións de risco. A efectividade das beiravías bici depende en gran medida da anchura dispoñible, do mantemento do pavimento, dos elementos de protección e do respecto da normativa por parte das persoas condutoras.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Beirarrúa bici Carril bici Vía ciclista
Categoría:Infraestrutura ciclista Categoría:Estradas