Gallirallus é un xénero de rálidos que viven na rexión de Australasia-Pacífico. O xénero caracteízase pola capacidade de colonizar illas relativamente pequenas e afastadas nas que evoluciona a formas non voadoras, moitas das cales se extinguiron despois do establecemento das illas polos polinesios.

Taxonomía O xénero Gallirallus creouse en 1841 polo ornitólogo francés Frédéric de Lafresnaye para incluír unha soa especie, Gallirallus brachypterus Lafresnaye. Esta é a especie tipo. O nome é un sinónimo junior de Rallus australis Sparman, 1786, chamado polos maorís weka. O nome do xénero é unha palabra composta dos nomes do xénero Gallus que creara Mathurin Jacques Brisson en 1760 para as galiñas, e do xénero Rallus que fora introducido por Carl Linné en 1758 para as zurrascas.

O xénero Gallirallus inclúe agora especies que antes estaban situadas nos xéneros Aptenorallus, Habroptila, Eulabeornis, Cabalus e Hypotaenidia. Baseándose en análises xenéticas que mostraron lonxitudes de rama nas árbores filoxenéticas relativamente pouco profundas e ás veces relacións conflitivas, os cinco xéneros foron mergullados no xénero amplo Gallirallus.

Descrición Moitos dos rálidos, incluíndo o weka de Nova Zelandia, son non voadoras ou case. Moitos dos endemismos resultantes non voadores das illas extinguíronse coa chegada dos humanos a elas, os cales cazaban estas aves como alimento, introduciron novos predadores, como ratas, cans ou porcos e alteraron os ecosistemas locais. Un nome común polinesio para estes rálidos, principalmente emparentados con G. philippensis, é veka/weka (e non só para a especie neozelandesa Gallirallus australis).

Por outra parte, as especies de Gallirallus son (coa excepción do weka de Nova Zelandia) aves notoriamente discretas e tímidas xeralmente con coloración parda apagada.

Especies O xénero contén 18 especies. Delas, 6 extinguíronse en tempos históricos. Imaxe Nome común Nome científico Distribución120pxGallirallus calayanensis(antes en Aptenorallus)Illa Calayan (ao norte das Filipinas)120pxGallirallus wallacii(antes en Habroptila)Halmahera (ao norte das illas Molucas)120pxGallirallus castaneoventris(antes en Eulabeornis)illas Aru (sueste de Nova Guinea) e costa norte de Australia120pxWekaGallirallus australis illa Norte, illa Sur, illa Stewart e satélites (Nova Zelandia)120px†Gallirallus lafresnayanus(antes en Cabalus)bosques de Nova Caledonia (probablemente extinta; sen rexistros desde 1890)120pxGallirallus sylvestris(antes en Hypotaenidia)illa Lord Howe (ao leste de Australia)120pxGallirallus okinawae(antes en Hypotaenidia)bosques e bordos desde as terras baixas a cuíñas do norte de Okinawa (illas Ryukyu, ao sur do Xapón)† Gallirallus pacificus(antes en Hypotaenidia)antes vivía en Tahití e as illas da Sociedade ao leste adxacentes; extinto, último rexistro en 1800120pxGallirallus philippensis(antes en Hypotaenidia)De Filipinas a Australia e as illas do Pacífico120px† Gallirallus modestus(antes en Cabalus)antes vivía nas illas Chatham; extinta, último rexistro en 1900120px† Gallirallus dieffenbachii(antes en Hypotaenidia)antes vivía nas illas Chatham; extinta, últimorexistro en 1900120pxGallirallus insignis(antes en Hypotaenidia)boques de Nova Bretaña (sueste do arquipélago Bismarck)120pxGallirallus woodfordi(antes en Hypotaenidia)illas Salomón120px† Gallirallus poecilopterus(antes en Eulabeornis)antes vivía en Viti Levu e Ovalau, Fixi (oeste de Polinesia); extinta, último rexistro en 1973120pxGallirallus owstoni(antes en Hypotaenidia)bosques de Guam (sur das illas Marianas); extinta na natureza ata que foi reintroducida con éxito na illa Rota (na parte máis ao sur das Illas Marianas Setentrionais) e illas Cocos (xusto ao sur de Guam)120px† Gallirallus wakensis(antes en Hypotaenidia)antes vivía na illa Wake; extinta, último rexistro en 1944120pxGallirallus torquatus(antes en Hypotaenidia)Filipinas, illotes fronte a Sabah (Malaisia), Sulawesi e satélites e oeste de Nova Guinea Gallirallus rovianae(antes en Hypotaenidia)Illas de Nova Xeorxia (zona centro oeste das illas Salomón)

Especies extintas antes do 1500 d.C.

miniatura|Ilustración dunha especie extinta non identificada (posiblemente G. vekamatolu) de Vava'u, 1793 Á parte do weka, todas as especies clasificadas no xénero Gallirallus son coñecidas só por restos subfólsiles, e extinguíronse no evento de extinción do Cuaternario. Dados os recentes cambios taxonómicos é posible que estes poidan pertencer a xéneros diferentes, pero actualmente mantéñense no xénero Gallirallus debido á incerteza existente. Gallirallus astolfoi, de Rapa Iti Gallirallus epulare, de Nuku Hiva Gallirallus ernstmayri, de Nova Irlanda Gallirallus gracilitibia, de Ua Huka Gallirallus huiatua, de Niue Gallirallus pendiculentus, de Tinian Gallirallus pisonii, de Aguiguan Gallirallus ripleyi, de Mangaia Gallirallus roletti, de Tahuata Gallirallus steadmani, de Tubuai Gallirallus storrsolsoni, de Huahine Gallirallus temptatus, da illa Rota Gallirallus vekamatolu, de ʻEua, posiblemente sobreviviu ata inicios do século XIXUnha ave similar atopouse viva na illa próxima de Vava‘u en 1793. Dado que G. vekamatolu ra non voadora, esta pode representar en realidade unha especie emparentada. ?Gallirallus sp. de Hiva Oa Gallirallus sp., da illa Norfolk, posiblemente sobreviviu ata inicios do século XIX Gallirallus [Hypotaenidia] vavauensis Worthy & Burley 2020, de Vava'u

Notas

Véxase tmén Ligazóns externas

Categoría:Rálidos