Antonio Francisco Simón Álvarez Pérez, coñecido como Antonio Simón, nado na Coruña en 1949, é un actor, escenógrafo, figurinista e director de escena, cinema e dobraxe galego.

Traxectoria

Colaborou co Teatro Circo, La Picota (Madrid), Troula, CDG, Teatro do Atlántico etc.

Traballou na Mostra de Teatro Galego Abrente, na creación do Centro Dramático Galego, na posta en marcha dos Premios de Teatro María Casares e no Congreso Galego de Teatro.

Teatro

Crónica do sol de inverno (1971). Teatro Circo. Actor e escenógrafo. O velorio (1978) de Francisco Taxes. Troula. Director Anastas ou a orixe da constitución (1979) de Juan Benet. Troula. Director. Pedro Madruga (1980) de Miguel Gato. Troula. Director. Res (1981) de A. Artaud. Director. Xubileo (1982) de Robeto Vidal Bolaño. Director. Caderno de Bitácora (1985), de Francisco Taxes. CDG. Director. Almas perdidas (1987). CDG. Escenógrafo. Liberdade Brenana (1988). Teatro do Atlántico. Actor. Historia de Neera (1989). Teatro do Atlántico. Actor e escenógrafo. Un refaixo para celestina (1993) de Eduardo Blanco Amor. CDG. Director. Non se chora (1993). Teatro do Atlántico. Actor. A fiestra valdeira (1994), de Rafael Dieste. DCG. Actor Viaxe e fin de Don Frontán (1995) de Rafael Dieste. CDG. Director. Casa de bonecas (1995). Teatro do Atlántico. Actor. A noite das tríbades (1996). Teatro do Atlántico. Escenógrafo. Valle Inclán 98 (1998). DDG. Escenógrafo. Lugar (1999) de Raúl Dans. CDG. director. O auto do prisioneiro (2000) de Carvalho Calero. Director. Daquel Abrente (2001-2003) (CDG), dirixida por Simón, que conmemorou os 25 anos do teatro profesional galego. O caso Otero (2007) de Manuel Guede. Director. A función do tequila (2012) de Manuel Guede. Director. Um Picasso (2014). Compañía de Teatro de Braga. Escenógrafo. Helena, xuízo a unha lurpia (2016). Teatro do Atlántico. Escenógrafo. Vodas de sangue (2016). Teatro do Noroeste de Viana do Castelo. Escenógrafo. Dúas donas que bailan (2018). Teatro do Atlántico. Escenógrafo. A conquista da escola de Madhubai (2019). Teatro do Atlántico. Escenógrafo.

Cinema

Director

Fendetestas (1975). Curta. Café Bremen (1990). Curta. Memorias dun parado (1991). Curta. Fatal, fatal, fatal (1991). Serie. Un café de ollos verdes (1992). Telefilme. La novia de medianoche (1997). Película.

Actor

Encontros (1986). Serie. Continental (1989). Película. Tierra fría (1992). Película. Sin motivo aparente (1995). Curta. O lapis do carpinteiro (2003). Película. La promesa (2004). Película.

Premios

Premio Compostela de Escenografía por Historia de Neera (1990). A Academia Galega de Teatro escolleuno como Premio da Academia 2026: «un dos imprescindíbeis á hora de deseñar estratexias, de definir proxectos, de estar sempre na vangarda na defensa do avance necesario, nas decisións a tomar, a compartir, por ese obxectivo común: ser e existir e deixar pegada na historia».

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1949 Categoría:Actores de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Directores de cinema de Galicia