A ferramenta de eliminación de software malicioso de Windows (en inglés, Microsoft Windows Malicious Software Removal Tool ou MRT) é un escáner de software malicioso de segunda opinión gratuíto que Windows Update de Microsoft descarga e executa en ordenadores con Windows cada mes, independentemente do software antivirus instalado. Lanzado por primeira vez o 13 de xaneiro de 2005, MRT non ofrece protección en tempo real. Analiza o ordenador anfitrión en busca de software malicioso específico e xeneralizado e tenta eliminar a infección. Fóra do seu programa de despregamento mensual, pódese descargar por separado de Microsoft.
Características Microsoft distribúea como unha actualización do sistema operativo e pódese instalar durante as actualizacións automáticas, pero tamén se pode instalar de forma independente. Esta ferramenta non substitúe un programa antivirus porque non prevén a infección, pero si permite buscar e eliminar software malicioso que xa estea en execución. A ferramenta pódese executar desde o ficheiro mrt.exe no cartafol System32 do ordenador (mesmo para versións de 64 bits) ou escribindo mrt no menú Executar. Os usuarios de Windows Vista, 7 e sistemas posteriores poden buscala na barra de busca. Ao abrirse, o menú ofrece tres posibles análises: rápida, completa ou personalizada.
Aínda que o soporte para Windows XP rematou o 8 de abril de 2014, Microsoft proporcionou actualizacións para a ferramenta de eliminación de software malicioso ata o 14 de xullo de 2015.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Antivirus Categoría:Soporte lóxico de Microsoft