Unha estación, posto ou punto de autorreparación de bicicletas é unha instalación de uso público deseñada para permitir ás persoas usuarias realizar tarefas básicas de mantemento e reparación das súas bicicletas de maneira autónoma. Estas estacións adoitan atoparse en espazos urbanos, rutas ciclistas, parques, universidades, estacións de transporte ou áreas recreativas, e forman parte das infraestruturas destinadas a fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte.
Estas estacións adoitan situarse en lugares estratéxicos e deseñarse de maneira que tanto a súa localización como a súa estrutura contribúan a previr actos vandálicos. Están equipadas con ferramentas esenciais que permiten efectuar axustes e reparacións menores, como un soporte para elevar a bicicleta, un xogo de ferramentas básicas ou unha bomba de aire. Nalgúns países incluso están equipadas cun kit de repostos básicos.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Estación de recarga de bicicletas eléctricas Contador de bicicletas
Categoría:Infraestrutura ciclista