O Aggrotech é un xénero musical aparecido cara finais da década dos 90, tamén coñecido coma Terror EBM, Hellektro ou máis raramente coma Endzeit Elektro. O nome é unha aglutinación de Aggresive Techno.
Historia e características Usado por primeira vez en 1993 para o anuncio do evento Spirit of Electro no Technoclub de Frankfurt/Main e facendo referencia a unha xira americana con bandas como Kevorkian Death Cycle en 1996, o termo evolucionou axiña afastado do seu significado orixinal. Cara finais da década dos 90, empezou a designar unha evolución do electro-industrial e dark electro centrado dalgún xeito en estruturas sonoras estridentes, agresivas e xeralmente beats rápidos cunha grande influencia da música techno e textos xeralmente breves de natureza militante, pesimista ou explícita. É moi típico tamén, que as partes vocais estean distorsionadas na busca dun son áspero, estridente e atonal. Os artistas tamén adoito utilizan estruturas melódicas atonais.
O estilo perdeu bastante auxe a comezos da década de 2000, coa chegada do synthpop e o futurepop na escena electrónica alternativa, mais asemade experimentou un pequeno rexurdir recente en popularidade xunta o xénero power noise pola súa popularidade en clubs de gusto goth/industrial.
Grupos Exemplos de grupos que poderían ser considerados aggrotech inclúen: Aghast View. Amduscia. Combichrist. Suicide Commando. Die Sektor. CeDigest. Noise Program. :wumpscut:. Psyclon Nine. Dot Execute. Hocico. Dulce Liquido. Life Cried. Tactical Sekt. Feindflug. Virtual Embrace. Aslan Faction. Grendel. Agonoize. God Module. The Retrosic. Funker Vogt. Tamtrum. Velvet Acid Christ. Dawn Of Ashes. Servo.Hatred. Unter null. Algúns destes grupos como Aghast View ou :wumpscut: pasaron co tempo a unha reestruturación e progresivo cambio a un estilo de música máis melódico e menos agresivo, mentres que outros grupos máis recentes como Psyclon Nine, Agonoize e Virtual Embrace revitalizaron o xénero até o extremo.
Categoría:Xéneros musicais