Panorama in interlingua é a revista internacional de novas publicada pola Union Mundial pro Interlingua. Contendo actualidade e curiosidades sobre diversos temas, ademais das últimas novas do mundo da interlingua, é un dos principais medios de difusión da interlingua.
Descrición Panorama in interlingua é unha revista internacional de novas en interlingua, cuxo obxectivo é "aclarar, activar e entreter". É unha publicación bimestral e edítase desde xaneiro de 1988. Xurdiu como a fusión da revista trimestral Currero, editada pola Union Mundial pro Interlingua desde 1964, e a revista bimestral privada Heraldo de Interlingua.
Cada edición contén 28 páxinas, totalmente en interlingua, con novas de interlingua, xornalismo, reportaxes, recensións de libros, viaxes, crónica etc. Panorama in Interlingua defínese como neutral en cuestións políticas e relixiosas. Isto, porén, non significa que estes temas non se describan. Panorama in interlingua funciona como vínculo entre os membros da Union Mundial pro Interlingua, pero é ao mesmo tempo unha xanela ao mundo exterior que demostra o uso da interlingua. Utilízase no ensino da interlingua e diríxese así tamén a novos interesados. Véxase tamén
Ligazóns externas Panorama in interlingua
Categoría:Interlingua
Categoría:Revistas