Abu Marwan Hayyan Ibn Khalaf Ibn Husayn Ibn Hayyan al-Qurtubi, coñecido comunmente como Ibn Hayyan ou Ibn Haiyan, nado en Córdoba no 987 e finado na mesma cidade 1076, foi un historiador hispanomusulmán, foi funcionario da dinastía amirí e fillo dun importante burócrata baixo Almanzor. Escribiu varias obras históricas, algunhas das cales chegaron aos nosos días, e que constitúen unha das principais fontes para o estudo do final da dinastía amirí, as revoltas cordobesas e o comezo dos reinos de taifas.
Do mesmo xeito que Ibn Hazm, destaca como defensor da dinastía omeia, criticando a súa caída e a consecuente quebra do centralismo e a creación dos diversos reinos de taifas.
Obra
Tarij fuqaha' Qurtuba Al-Kitab al-ladhi jama'a fihi bayna Qaitbay al-qubbashi wa Ibn 'Afif Intijab al-jamil li ma'athir Banu Khatab Al-Ajbar fi il-dawla al-amiriya (en 100 volumes) Al-Batsha al-kubra (en 10 volumes) Al-Muqtabis fi tarij al-Andalus (en 10 volumes) Kitab al-matin
Notas
Categoría:Nados en 987 Categoría:Historiadores Categoría:Finados en 1076 Categoría:Nados en Córdoba