Percival Colin Montgomery, nado en Walvis Bay (Namibia) o 15 de marzo de 1974, é un xogador de rugby de Suráfrica, profesional entre os anos 1995 e 2009. Xogou a maior parte da súa carreira na posición de zagueiro. No momento da súa retirada era o xogador con máis encontros disputados (102) e segue sendo o que ten máis puntos anotados (893) na historia dos Springboks. No ano 2007 formou parte do equipo de Suráfrica que gañou a Copa do Mundo, sendo o máximo anotador de puntos do campionato (105) e anotando 12 puntos na final.

Traxectoria A nivel de clubs xogou nos Stormers/Western Province, nos Dragons, nos Sharks, en USAP e novamente nos Stormers. EquiposTempadasTítulos Stormers 1996 - 2002 3 Currie Cup (1997, 2000. 2001) Dragons 2002 - 2005 Sharks 2005 - 2007 USAP 2007 - 2008 Stormers 2009 Selección de Suráfrica 1997 - 2008 1 Copa do Mundo (2007), 2 Tri Nations (1998, 2004) Véxase tamén Ligazóns externas Percy Montgomery en RugbyDataBase Percy Montgomery en Springbok Rugby History Percy Montgomery en RugbyPass Outros artigos Selección de rugby de Suráfrica

Categoría:Xogadores de rugby de Suráfrica Categoría:Nados en Namibia Categoría:Nados en 1974