As Igrexas de Chiloé no Arquipélago de Chiloé de Chile son un fenómeno arquitectónico único nas Américas e un dos estilos máis destacados da arquitectura chilotana. A diferenza da arquitectura colonial española clásica, as igrexas de Chiloé están feitas enteiramente de madeira autóctona cun amplo uso de tellas de madeira. As igrexas construíronse con materiais para resistir o clima oceánico húmido e chuvioso do arquipélago de Chiloé.
Construídas nos séculos XVIII e XIX, cando o Arquipélago de Chiloé aínda formaba parte das posesións da Coroa española, as igrexas representan a fusión da cultura xesuíta española e a habilidade e as tradicións da poboación nativa local, un excelente exemplo da cultura mestiza.
As igrexas de Chiloé designáronse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. A Universidade de Chile, a 'Fundación Cultural Iglesias de Chiloé' e outras institucións lideraron esforzos para preservar estas estruturas históricas e dar a coñecer as súas calidades únicas.Berg Costa, Lorenzo (2005), Restauración Iglesias de Chiloé Conservando lo Infinito, Editorial Universitaria, p. 3,
Localización As dezaseis igrexas rexistradas como parte do Patrimonio da Humanidade concéntranse na zona centro-leste do arquipélago. esquerda|sen marco|481x481px Código Nome Comuna Foto 971-001 Igrexa de Achao Quinchao 100px 971-002 Igrexa de Quinchao Quinchao 100px 971-003 Igrexa de San Francisco Castro 100px 971-004 Igrexa de Rilán Castro 100px 971-005 Igrexa de Nercón Castro 100px 971-006 Igrexa de Aldachildo Puqueldón 100px 971-007 Igrexa de Ichuac Puqueldón 100px 971-008 Igrexa de Detif Puqueldón 100px 971-009 Igrexa de Vilupulli Chonchi 100px 971-010 Igrexa de Chonchi Chonchi 100px 971-011 Igrexa de Tenaún Dalcahue 100px 971-012 Igrexa de Colo Quemchi 100px 971-013 San Juan Bautista Dalcahue 100px 971-014 Nosa Señora das Dores Dalcahue 100px 971-015 Igrexa de Chelín Castro 971-016 Igrexa de Caguach Quinchao 100px
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Chile
Ligazóns externas World Heritage Evaluation: Churches of Chiloé Chile Nuestro Tourism - Chiloé and its Churches
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Chile