Jacinto de Boado Montenegro, nado en Lugo en 1624 e finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1671, foi un relixioso galego, nomeado bispo preconizado de Valladolid mais que faleceu antes de consagrarse nin tomar posesión do cargo.

Traxectoria Fillo do licenciado Gonzalo Sánchez de Boado, avogado dos Reais Consellos, rexedor de Lugo, e mais de Inés de Montenegro. Foi colexial maior do Colexio de San Salvador da Universidade de Salamanca, e na Universidade de Santiago de Compostela cursou dereito canónico e graduouse como doutor. Ordenado de presbítero en 1653, obtivo por oposición a coenxía maxistral da catedral de Santa María de Lugo e en 1655 a coenxía lectoral da catedral de Santiago de Compostela. O rei Filipe IV de España nomeouno predicador da Real Capela en 1662 e administrador do Hospital Real en 1665.

Presentado para o bispado de Valladolid a finais de outubro de 1670, foi preconizado no consistorio secreto de 22 de decembro do mesmo ano. Porén, faleceu pouco despois en Santiago de Compostela, sen consagrarse nin tomar posesión, como consta na acta de preconización do seu sucesor, que refire: .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Lugo

Categoría:Nados en 1624 Categoría:Finados en 1671 Categoría:Bispos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes