Godescalco tamén escrito Gottschalk ou Gotteschalchus., finado no ano 743, foi duque de Benevento desde 740 ata o seu asasinato.

Traxectoria Godescalco subiu ao trono sen a aprobación do rei. Co contemporáneo retorno de Trasimundo II ao poder en Spoleto, a cólera de Liutprando caeu sobre a Italia meridional. Tras ocuparse de Trasimundo, Liutprando volveuse cara Benevento, onde Godescalco se aprestaba a fuxir. O duque xa cargara un barco con provisións e coa súa familia e esposa, Anna, cando o matou o pobo, fiel á memoria de Romualdo II. A súa muller e familia escaparon a Grecia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tradución ao inglés da Historia Langobardorum, de Paulo Diácono.

Categoría:Historia de Italia Categoría:Longobardos Categoría:Duques de Benevento Categoría:Finados en 743