Sebastián de Ocampo, nado en Noia en 1460 e finado en Sevilla en 1514, foi un navegante e explorador galego que participou na segunda viaxe de Cristovo Colón.

Traxectoria Foi o primeiro navegante que circunnavegou a illa de Cuba no ano 1508 tras un encargo que lle fixo o gobernador de Santo Domingo para saber se Cuba era unha illa e se podía colonizar. Dende Santo Domingo partiu con dous barcos, navegou o longo da costa setentrional de Cuba, recalou na Habana, e tras dobrar o cabo de San Antonio volveu ó seu punto de destino polo sur da illa, comprobando así que Cuba era unha illa moi grande e fértil habitada por xente moi acolledora.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Buque Sebastián de Ocampo

Categoría:Exploradores Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1460 Categoría:Finados en 1514 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Navegantes