Abbiategrasso é un concello italiano da provincia de Milán, na rexión da Lombardía. Tiña 28 890 habitantes en 2003.
Historia O topónimo en Lombardo é Bià, aínda que non ten carácter oficial. A orixe do lugar remóntase á época romana, aínda que hai constancia de asentamentos galos do século VI a.c.. O primeiro documento no que aparece o nome actual data de 1304, baixo a forma Abiate qui dicitur Grasso.
É un concello agrícola, no que predomina o cultivo do arroz e o millo. Só o 16 % do territorio comunal está urbanizado.
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial do concello (en italiano)
Categoría:Concellos da provincia de Milán Categoría:Cidades de Italia