Santa María de Abeledo é unha parroquia do concello lugués de Abadín na comarca da Terra Chá. Segundo datos do IGE en 2023 tiña 111 habitantes (51 homes e 60 mulleres). Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2015 cando tiña 137 habitantes (66 homes e 71 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación. A densidade media de poboación en 2023 era de 12,12 hab/km².

Xeografía Limita coas parroquias de Fraiás, Cabaneiro, Candia, As Goás, Baroncelle e Corvite.

As súas entidades de poboación son Cabo de Vila, O Campo, O Carballo, A Coroza, O Coto, A Fervoira, Foxacos, O Outeiro, Os Pasandellos, As Regas, A Reboira, Sabugos, Touceiras, Toxeiro, Trasón, A Valiña e A Vesada

Ten unha altitude media de 520 msnm. Na parroquia de Abeledo pódese encontrar unha paisaxe moi diversa, empezando na parte máis alta polo monte Corda de Neda, cunha superficie de 430 ha, que pertencen na súa totalidade ós veciños da parroquia. Dende o seu cumio (800 m) pódese divisar case a totalidade da comarca da Terra Chá e gran parte da provincia de Lugo. Neste monte, á parte do seu piñeiral pódese gozar da presenza de cabalos salvaxes, cabras e vacas. Ao pé do monte atópase a zona de casas e a área agrícola, que aínda conserva as tradicións antigas de rotación de cultivos nos seus vilares, dando lugar a un mosaico de vexetación moi diverso. Na parte máis baixa hai que destacar o rego da Fraga, un pequeno regato no que hai troitas, rodeado de castiñeiros e carballos. Este rego ten oito edificacións antigas, entre as que destacan un mazo, cinco muíños de auga, unha dinamo para producir corrente coa auga e unha moa de afiar tamén movida pola auga.

Relixiosamente, pertence ao arciprestado de Baroncelle. A partida bautismal máis antiga que se recolle no arquivo parroquial corresponde ao ano 1586

Patrimonio A igrexa de Santa María de Abeledo está localizada na aldea de Touceiras. É unha igrexa construída no século XVII sobre un antigo castro e rodeada dun espeso arboredo autóctono que fai do lugar unha bonita paraxe. A pesar desa antigüidade, o edificio sufriu reformas posteriores. Ten unha nave de planta rectangular, coa capela maior máis elevada e a sancristía acaroada na cabeceira. A cuberta é de lousa a dúas augas na nave e a catro na capela maior. A fachada ten un arco adintelado e espadana dun só van, rematada con puntas de diamante. No interior atópase un arco triunfal de medio punto, dous retablos barrocos, gran cantidade de imaxes dos séculos XVII e XVIII, e unha curiosa laxe de pedra do século XVII con fundacións piadosas.

Lugares e parroquias Lugares de Abeledo

Parroquias de Abadín miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín

Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María