O 4 de decembro é o 338º día do ano do calendario gregoriano e o 339º nos anos bisestos. Quedan 27 días para finalizar o ano.
Acontecementos 656 - Preto de Basora ten lugar a batalla do Camelo entre o califa Alí e a viúva de Mahoma, Aisha. 771 - Morre Carlomán I deixando o reino franco a seu irmán Carlomagno. 1520 - Ten lugar a Asemblea de Melide. A nobreza reclama a recuperación do voto en cortes, participación nos beneficios dos descubrimentos e a mellora das capacidades militares do reino galego. 1639 - Jeremiah Horrocks fai as primeiras observacións sobre o tránsito de Venus. 1881 - Publícase por vez primeira o xornal norteamericano Los Angeles Times. 1936 - Fusilados na Caeira os republicanos de Vilagarcía de Arousa Luis Pando Rivero, Manuel Oubiña López, José Otero Lago, Román Mondragón Cores e Ángel Navia Cores. 1943 - No marco da segunda guerra mundial o líder partisano Josip Broz Tito proclama o goberno Iugoslavo democrático no exilio. 1969 - Dous membros dos Panteras Negras, Fred Hampton e Mark Clark, son tiroteados en Chicago. 1971 - En Montreux (Suíza), incéndiase o casino no que tocaban Frank Zappa e The Mothers of Invention, feito que deu lugar á famosa canción de Deep Purple, "Smoke on the Water". 1972 - Un policia nacional mata en Santiago de Compostela ao estudante de Medicina da USC José María Fuentes Fernández. 1985 - A UNESCO declara Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade. 1993 - Primeira acción dos GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación). 1996 - Lanzamento da nave Mars Pathfinder coa misión de explorar Marte.
Nacementos miniatura|100px|Wasily Kandinsky. 1595 - Jean Chapelain, escritor francés (m. 1674). 1795 - Thomas Carlyle, historiador, crítico social e escritor británico (m. 1881). 1866 - Wasily Kandinsky, pintor ruso, autor das primeiras obras abstractas (m. 1944). 1875 - Rainer Maria Rilke, escritor e poeta checo en lingua alemá (m. 1926). 1892 - Francisco Franco Bahamonde, militar e ditador español (m. 1975). 1898 - Xavier Zubiri, filósofo español (m. 1983). 1927 - Rafael Sánchez Ferlosio, escritor español. 1928 - Hebe de Bonafini, activista arxentina polos dereitos humanos. 1936 - John Giorno, poeta e artista estadounidense. 1953 - Jean-Pierre Darroussin, actor francés. 1962 - Aleksandr Litvinenko, tenente coronel do KGB (m. 2006). 1992 - Ana Buceta, futbolista galega.
Mortes miniatura|100px|Thomas Hobbes. 771 - Carlomán I, rei de Austrasia, irmán de Carlomagno que o sucede como rei dos Francos. 1642 - O Cardeal Richelieu, primeiro ministro do rei Lois XIII de Francia. 1769 - Thomas Hobbes, filósofo inglés. 1883 - Nicolás Taboada Leal, médico e cronista da cidade de Vigo (n. en Viveiro en 1798). 1911 - Gumersindo Buján Buján, xuíz e escritor galego. 1936 - Luis Pando Rivero, xuíz de Vilagarcía de Arousa (n. 1896). 1972 - Vicente Otero Cao, xornalista e historiador galego (n. 1890). 1977 - Camilo Barcia Trelles, profesor e escritor asturiano (n. 1888). 1982 - Louis Aragon, poeta e escritor francés que participou no dadaísmo e no surrealismo (n. 1897). 1987 - Rouben Mamoulian, director de cine e teatro armenio-estadounidense (n. 1897). 1993 - Frank Zappa, músico e compositor estadounidense (n. 1940).
Festas e celebracións Día Internacional dos Bancos."Ao servizo dun planeta mellor", en La Voz de Galicia 3.12.2025.
Outros Santoral Santa Bárbara San Xoán Damasceno
Os 366 días do ano
Notas
04