Un sátiro (en grego Σάτυρος, Sátyros) é unha criatura da mitoloxía grega na que encarna un espírito ou forza vital da natureza. Os sátiros, relacionados coas Ménades, forman o cortexo dionisíaco (tíaso) que acompaña ó deus Dioniso. Suponíase que vivían no campo, bebendo e danzando con Dioniso, e perseguendo ás Ménades. Poden estar tamén asociados co deus Pan.

Os pequenos son chamados satyriscoi e aparecen como mozos graciosos. Un exemplo paradigmático de sátiro novo, fermoso, sen pelo no corpo é o Sátiro escanciador (do que existen varias copias romanas) e o Sátiro en repouso (Anapauomenos), ambos atribuído ó escultor Praxíteles (c. 365 a. C. e 340-330 a. C., respectivamente; unha copia romana do segundo, Sátiro en repouso, do século II d. C., pode verse no Museo do Prado). Algúns detalles permiten identificar estar estatuas como sátiros: orellas en punta, a flauta na man e a pel de pantera sobre os ombreiros, pero os atributos característicos destes seres desapareceron.

Os sátiros maiores son chamados silenos, polo deus Sileno ou Pan, preceptor de Dionisio, é aparecen representados cunha grande fealdade. Adoitan portar copas ou tirsosO tirso era unha vara cuberta de follas de hedra ou de vide, un dos atributos do deus Dioniso (Baco) e das Bacantes. nas mans, en actitude de bailar coas ninfas.

Iconografía Aparecen representados de diversas formas, aínda que a máis común é a dunha criatura metade home, metade cabuxa ou carneiro,Tamén se representaron como centauros, con corpo de cabalo e cabeza e tronco de home. con orellas afiadas e cornos na cabeza, pelo e barba longos, despeitado,Se ben, co paso do tempo, poderán mostrar unha calvicie cada vez máis patente. abundante vilosidade, nariz chato, cauda de cabalo que tamén terminará semellando máis á dunha cabuxa e un membro viril descomunal e, habitualmente, en erección. Cando van vestidos levan pelicos de animais como a pantera (atributo do deus Dioniso). Co paso do tempo foron perdendo o seu aspecto semianimal para adquirir pernas e pés humanos, aínda que adoitan manter a cola.Tal como se pode observar nun prato ático de figuras vermellas de Vulci (Etruria, 520-500 a. C.).

A iconografía dos sátiros manterase máis ou menos fixa ata o século IV a. C., cando comezan a representarse sátiros novos, imberbes, cunha cola pequena, uns cornos cada vez máis pequenos e que poden quedar disimulados entre a cabeleira e xorden os sátiros meniños e as sátiros femias.

As representacións romanas confundían ós sátiros cos faunos, e esta confusión se observará na iconografía destes seres. O Fauno romano era inicilamente un deus dos pastores, dos rabaños e dos bosques, e representábase con cornos e patas de chibo.Ovidio descríbeo con estes detalles no seu Fastos II. Como aconteceu en Grecia, os artistas comezaron axiña a multiplicar as imaxes en numerosos faunos, e xa resultaron imposibles de diferenciar dos sátiros e mesmo das imaxes do deus Pan.

miniatura|esquerda|350px|Marte e Venus (Botticelli, c. 1483)

Na Idade Media obsérvase como se acentúa o aspecto negativo dos sátiros (lascivia, bestialidade) para significar a súa identificación co pecado e, en última instancia, co demo. De aí a representación deste con cornos e pezuños de cabra (por veces transformados en poutas), á imaxe do sátiro clásico.

No Renacemento cambia esa visión negativa do personaxe para volver a representar o aspecto da natureza, a alegría de vivir, o gusto polos xogos e mesmo un patente erotismo (a modo de exemplo, véxase o cadro Marte e Venus, de Botticelli). E tamén desaparece a represencación con corpo humano e rabo e corniños ou orellas como únicos atributos: agora se verán sempre con patas de bode.

A confusión entre sátiros e faunos perdurou incluso nas obras de arte moderna e contemporánea. A modo de exemplo, a escultura Fauno danzante, de Lequesne, pode confundirse perfectamente cun sátiro. Pablo Picasso utilizou este motivo en numerosas ocasións a partir de 1930, así como outras criaturas mitolóxicas, como centauros e o minotauro: a obra máis representativa pode ser o tríptico Sátiro, Fauno e Centauro (1946), exposto no Museo de Antibes (Francia).Pode verse aquí.

Galería de imaxes

Zeus Son recurrentes as transformacións de Zeus en diferentes animais (e mesmo en chuvia de ouro) para raptar ou seducir ás distintas mulleres das que se ía namorando. En certa ocasión transformouse en sátiro para seducir á princesa Antíope, filla do heroe tebano Nicteo. Para fuxir da ira do pai, Antíope fuxiu e foi acollida por Epopeo, rei de Sición. Coa vergonza, Nicteo suicidouse pero antes esixíu ó seu fillo Lico que castigase a Antíope, como así fixo.

Noutras mitoloxías Criaturas semellantes ós sátiros aparecen tamén noutras mitoloxías, como o Leszi eslavo, ou a carantoña, que se di habita nos bosques do noroeste da Península Ibérica. Normalmente trátase de criaturas de carácter festivo, burleiro e descarado, amigos da festa e do bo viño, cunha sexualidade promiscua e despreocupada e ás veces incluso violenta.

Sátiro, como personaxe Existe unha tradición que personaliza a Sátiro como individuo. Segundo esta tradición, Dioniso perseguía á Náiade Nicea (filla da deusa Rea, ou Cibeles na mitoloxía romana), que se lle resistía. Entón, Dioniso transformou a auga da fonte na que ela vivía en viño, e ela terminou emborrachándose, o que aproveitou Dioniso para xacer con ela. Aínda que nun primeiro momento, Nicea quería suicidarse, terminou aceptando a Dioniso e tivo varios fillos con el, entre elas este Sátiro. E Dioniso fundou no seu honor a cidade de Nicea, en Asia Menor.Grimal, s. v. Nicea.

Os sátiros na linguaxe actual O apetito sexual propio dos sátiros deixou a súa pegada na lingua moderna, e deu lugar a conceptos como: Sátiro: home lascivo. Satiríase: patoloxía do home (varón) que se caracteriza por un estado de exaltación esaxerada do impulso sexual. Sátira: frase ou texto dirixido a censurar ou criticar a alguén ou algo. Satírico: relativo ou pertencente á sátira.

Notas

Ligazóns externas

Bibliografía

Ligazóns externas Sátiro e Dioniso (Proxecto Theoi) [consultado o 1.10.2026] "Picasso: fauno, centauro, minotauro" (1.09.2013) [consultado o 30.09.2026] Sátiro (14.07.2022) [consultado o 30.09.2026] Satyrs [consultado o 30.09.2026]

Outros artigos Marsias Sileno

Categoría:Criaturas da mitoloxía grega Categoría:Deuses da natureza