Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Azerbaidján e Turkmenistán, con Kazakhstán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 92 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo. É o único país que ten costa no mar Caspio e no océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo,Christopher A Whatley (2001). Bought and Sold for English Gold: The Union of 1707 (Tuckwell Press, 2001) que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión. Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento. O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.

Historia

Política

Subdivisións

Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior de Irán, e suxeito a aprobación do goberno.

Irán ten unha das taxas máis altas de crecemento urbano no mundo. De 1950 a 2002, a proporción de poboación urbana medrou do 27% ó 60%. As Nacións Unidas predin que, en 2030, o 80% da poboación será urbana.

A maioría dos inmigrantes internos asentáronse preto das cidades de Teherán, Isfahán, Ahvaz e Qom. As poboacións enumerades son de 2006/07 (1385 AP) do censo. Teherán, cunha poboación de 7 705 036, é a meirande cidade de Irán, e a capital. Teherán é o fogar de case o 11% da poboación do país. Teherán, igual que moitas grandes cidades, padece dunha grave contaminación atmosférica e é o centro de todas as comunicacións e transportes do país.

Mashhad, cunha poboación de 2 410 800 persoas, é a segunda cidade maior de Irán e o centre da provincia de Razavi Khorasan. Mashhad é unha das cidades máis sagradas do mundo para os xiítas, co Santuario do Imán Reza. É o centro do turismo en Irán e entre 15 e 20 millóns de peregrinos van ó santuario cada ano.

Outra cidade iraniana importante é Isfahán (cunha poboación de 1 583 609 de habitantes), que é a capital da Provincia de Isfahán. A Praza de Naghsh-i Jahan de Isfahán foi declarada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade contén unha ampla variedade de elementos arquitectónicos islámicos, que van dende o século XI até o XIX. O crecemento da zona dos arredores da cidade converteu Isfahán na segunda área metropolitana máis poboada (3 430 353).

A cuarta cidade maior de Irán é Tabriz (poboación de 1 378 935 hab.), a capital de Azerbaidján Oriental, que é tamén a segunda cidade industrial de Irán despois de Teherán. Tabriz foi a segunda cidade do país até o final de 1960 e foi tamén unha das súas capitais e a antiga residencia do príncipe da coroa no marco da dinastía qajar. A cidade demostrou ser extremadamente influente na historia recente do país.

A quinta cidade maior é Karaj (poboación de 1 377 450 hab.), que se atopa na provincia de Teherán a 20 km ó oeste da capital, ó pé das Montañas Alborz, mais a cidade está a converterse na extensión da metrópole de Teherán.

Xeografía

miniatura|esquerda|260px|Vista dende satélite de Teherán. A paisaxe iraniana está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas das outras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.

As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo Pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a al-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Ormuz e no Mar de Omán.

O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.

As principais cidades de Irán son Teherán, Isfahán, Mashhad, Tabriz, Shiraz e Urmia.

A illa maior é a de Qeshm, na costa de Hormozgan, no estreito de Ormuz (Golfo Pérsico), cunha superficie duns 1200 km² e unhas dimensións máximas de 135 km de longo e 40 de largo.

Economía

A economía iraniana é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo Pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.

Demografía

Irán é un país diverso, composto por numerosos grupos étnicos e lingüístivos unificados por unha identidade nacional iraniana común.

A poboación de Irán medrou axiña durante a segunda metade do século XX, pasando de 19 millóns en 1956 até 75 millóns en 2009. Porén, a taxa de natalidade de país caeu de modo significativo nos últimos anos, cunha taxa de crecemento en xullo de 2012 do 1,29%. Os estudos sinalan que o crecemento continuará a esmorecer até estabilizarse nos 105 millóns de persoas no ano 2050.U.S. Bureau of the Census, 2005. Unpublished work tables for estimating Iran’s mortality. Washington, D.C.: Population Division, International Programs Center

Irán ten unha das meirandes poboacións de refuxiados do mundo, con máis dun millón de persoas, a maioría delas procedentes de Afganistán e Iraq. Dende 2006, oficiais iranianos traballan xunto co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados e oficiais afgáns para a súa repatriación. Segundo as estimacións, arredor de cinco millóns de cidadáns iranianos emigraron cara a outros países, a maioría dende a revolución de 1979.

Segundo a Constitución iraniana, o goberno é responsable de achegar a cada cidadán do país acceso a servizos de seguridade social, xubilación, desemprego, terceira idade, discapacidade, accidentes, desastres, saúde e tratamento médico. Estes servizos son cubertos pola recadación de impostos derivadas de contribucións públicas.miniatura|Crecemento da poboación de Irán (1880–2016).|esquerda Linguas

A maioría da poboación fala o persa, que é tamén a lingua oficial do país. Tamén existe un número significativo de falantes doutras linguas iranianas, dentro da familia de linguas indoeuropeas, que pertencen a outros grupo étnicos de Irán.

No norte do país, principalmente nas provincias de Gilan e Mazenderan, fálase o gilaki e o mazenderani, tendo ámbalas dúas linguas moitas afinidades coas veciñas linguas do Cáucaso. En partes de Gilan, tamén se fala a lingua talysh que chega até a República de Azerbaidján. Na provincia do Kurdistán e nas áreas veciñas fálanse variedades de kurdo. En Khuzestan fálanse diferentes variedades da lingua persa. O luri e o lari fálanse no sur do país.

O azerí, que é a lingua máis falada do país despois do persa,Annika Rabo, Bo Utas. The Role of the State in West Asia Swedish Research Institute in Istanbul, 2005 é falado en varias rexións de Irán xunto con outras linguas turcas, especialmente na rexión do Azerbaidján iraniano. Outras linguas minoritarias salientables en Irán son o armenio, o xeorxiano, neoarameo e o árabe. O árabe khuzi é falado polos árabes de Khuzestan, así como por un bo número de árabes iranianos. O circasiano foi outrora unha lingua amplamente falada pola minoría circasiana, pero debido á asimilación cultura, xa non existen falantes desa lingua no país.Encyclopedia of the Peoples of Africa and the Middle East Facts On File, Incorporated p 141 Excerpted from:

As porcentaxes de falantes das linguas son obxecto de debate xa que están motivadas pola política interna do país que ten en consideración ó meirande e o segundo grupo étnico de Irán, os persas e os azerís. As porcentaxes ofrecidas polo World Factbook da CIA sinalan un 53% de falantes de persas, un 16% de azerí, un 10% de kurdo, un 7% de mazanderani e gilaki, un 7% de luri, un 2% de turcomán, un 2% de baluchi, un 2% de árabe, e un 2% de armenio, xeorxiano, neoarameo e circasiano.

Grupos étnicos

Tal como acontece coa diversidade lingüística do país, a composición étnica tamén é obxecto de debate, atendendo ós dous principais grupos étnicos, persas e azerís, xa que a República de Irán non conta cun censo baseado na identidade étnica. O World Factbook da CIA estimou que arredor do 79% da poboación de Irán é un grupo etnolingüístico indoeuropeo moi diverso que abrangue os falantes das linguas iranianas,J. Harmatta in "History of Civilizations of Central Asia", Chapter 14, The Emergence of Indo-Iranians: The Indo-Iranian Languages, ed. by A. H. Dani & V.N. Masson, 1999, p. 357 formando os persas (incluíndo mazanderanis e gilakis) o 61% da poboación, os kurdos o 10%, os luris o 6% e os baluchis o 2%. Os pobos doutros grupos etnolingüísticos forman o 21%, sendo os azerís o 16%, os árabes o 2%, os turcománs e outras tribos turcas o 2%, e outros (como os armenios, os talysh, os xeorxianos, os circasianos e os asirios) o 1%.

Cultura

Galería de imaxes miniatura|Provincias de Irán por poboación (2014).|esquerda Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Iran: A Country Study. 2008, Washington, D.C.: Library of Congress, 354 pp.

Outros artigos Golfo Pérsico

Ligazóns externas Páxina do líder de Irán Páxina do Presidente

Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)