Na mitoloxía grega, os centauros (en grego Κένταυρος Kéntauros, «matador de touros», «cen fortes», plural Κένταυροι Kéntauroi; en latín Centaurus/Centauri) son unha raza de seres co torso e cabeza de humano e o corpo de cabalo. Vivían nas montañas de Tesalia e eran fillos de Ixión e Néfele, a nube de chuvia. Alternativamente, considerábanse fillos de Kentauros (o fillo de Ixión e Nefele) e algunhas eguas magnesias, ou de Apolo e Hebe. Ás veces cóntase que Ixión planeaba manter relacións sexuais con Hera, pero Zeus, o seu marido, evitouno moldeando unha nube coa forma de Hera. Posto que Ixión é normalmente considerado o devanceiro dos centauros, pode facerse referencia a eles poeticamente como Ixiónidas.

Características Os centauros son coñecidos pola loita que mantiveron cos lápitas, provocada polo seu intento de raptar a Hipodamía o día da súa voda con Pirítoo, rei dos lápitas e tamén fillo de Ixión. A batalla entre uns e outros é unha metáfora do conflito entre os baixos instintos e o comportamento civilizado na humanidade, coa vitoria deste último. Teseo, un heroe e fundador de cidades que estaba presente, axudou a Pirítoo e ós lápitas e inclinou a balanza do lado da orde correcta das cousas. Moitos centauros morreron e o resto fuxiu (Plutarco, Teseo, 30; Ovidio, Metamorfoses XII. 210-458; Diodoro Siculo IV. 69, 70).

miniatura|225x225px|Centauro, no Museo Catedralicio da Catedral de Ourense|esquerda

Escenas da batalla entre os lápitas e os centauros foron esculpidas en baixorrelevos no friso do Partenón, que estaba dedicado á deusa Atenea. So esta roupaxe, Fidias, o autor dos relevos, simbolizaba as aínda recentes guerras entre os gregos e os persas, entre civilizados e bárbaros.

O centauro aparece na iconografía cristiá como unha besta infernal, tentadora de doncelas. Ás veces aparece baixo a forma de onocentauro, mestura de home e burro con esaxerados atributos sexuais.

Centauros famosos

Afáreo Agrio Ámico Anquio Asbolus Biénor Dictis Ovidio: Metamorfosis XII, 337. Elato Equeclo Euritión (centauro de Fóloe) Euritión (centauro de Hipodamía)

Euritión (centauro de Óleno)

Folo Grineo Hélope Ovidio: Metamorfosis XII, 335. Híleo Neso Oreo Petreo Quirón Tereo Tritón, o centauro mariño.

Interpretación miniatura|200px|dereita|Centauro (sarcófago romano, ca. 230) Se exceptuamos Folo e Quirón (a súa orixe é diferente da dos outros), os centauros simbolizaban para os gregos os apetitos animais (concupiscencia e ebriedade son riscos típicos deles). Así o combate seu contra os lápitas pode ser interpretado como unha parábola do enfrontamento dos estados civilizado e salvaxe.

A orixe da súa creación explícase polo xeral así: o cabalo foi introducido na Grecia antiga desde o século XVI a.C, mais só era utilizado entón como besta de tiro; os centauros representarían entón, nas lendas da Idade heroica, os primeiros xinetes. Porén, pola súa vez, o xinete, o cabaleiro, que domina forzas primixenias pola súa acción, oponse, simbolicamente, aos centauros que están dominados polos instintos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas John W. Philpus, Catálogo de centauros na cerámica pintada grega e relacionada, 2000

Categoría:Criaturas da mitoloxía grega