Anxo pode referirse á:

Un ser sobrenatural presente en varias relixións. Véxase: anxo (cristianismo) e anxo (xudaísmo). Por extensión: unha persoa bondadosa, ou un neno inocente; Pan dos anxos, a hostia consagrada; o antropónimo masculino Anxo;

Zooloxía Peixe anxo, Squatina squatina (L.), peixe cartilaxinoso de gran tamaño, que pode acadar 2 m de lonxitude, similar á raia. Peixe anxo africano, Squatina africana. Peixe anxo de ollos, Squatina oculata. Peixe anxo do Pacífico, Squatina californica. Peixe anxo espiñoso, Squatina aculeata. Anxo, Rhinobatus rhinobatus, peixe guitarra.

Botánica Ás de anxo, a especie de planta Acanthus mollis L., acantoE. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia.

Gastronomía Cabelo de anxo, doce de aspecto filamentoso, que se elabora coa polpa dalgunhas variedades de cabaza cocida nun almibre.

Economía Anxo investidor, persoa física ou xurídica que inviste capital nunha empresa que se está poñendo en marcha ou que atravesa unha situación de crise económica, anxo dos negociosProposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Arquitectura Anxo turiferario, anxo que leva un incensario.

Deporte Anxo, modalidade de salto de trampolín que se practica cos brazos estendidos e algo atrasados.

Arte Anxo do Norte, (Angel of the North), escultura ao ar libre feita en aceiro situada en Gateshead, Inglaterra, deseñada en 1994.

Notas