O 5 de decembro é o 339º día do ano do calendario gregoriano e o 340º nos anos bisestos. Quedan 26 días para finalizar o ano.

Acontecementos 633 - Transcorre o IV Concilio de Toledo. 1082 - Morre asasinado Ramón Berenguer II, conde de Barcelona. 1484 - en Roma (Italia), o papa Inocencio VIII publica a súa famosa bula Summis desiderantes affectibus, pola cal ordena á Inquisición perseguir ás bruxas no mundo coñecido. 1492 - Colón descobre a illa que os indíxenas chamaban Quisqueya e el denominou A Española. 1912 - Prolóngase a Tripla Alianza por seis anos. 1914 - O Parlamento italiano aproba a política de neutralidade do país. 1918 - Novo Goberno do Conde de Romanones, que se mostra desconforme coa autonomía de Cataluña. 1920 - Nun referendo celebrado en Grecia, unha maioría pide o regreso do rei Constantino. 1924 - A cidade de Medina, onde se atopa a tumba de Mahoma, é ocupada por Ibn Saud III. 1933 - Fin da Lei seca nos Estados Unidos de América, que prohibía a venda e consumo de bebidas alcohólicas e que estivo en vigor durante 13 anos. 1936 - Créase a constitución da Unión Soviética. 1941 - Gran Bretaña declara a guerra a Finlandia, Hungría e Romanía. 1946 - A ONU instálase definitivamente en Nova York. 1963 - O Concilio Vaticano Segundo aproba a introdución progresiva das linguas modernas na liturxia por medio da Constitución Sacrosanctum Concilium. 1974 - Emítese o derradeiro episodio do Monty Python's Flying Circus na BBC. 1987 - O cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.

Nacementos miniatura|125px|dereita|Fritz Lang. 1839 - George Armstrong Custer, oficial de cabalaría do Exército dos Estados Unidos (m. 1879). 1890 - Fritz Lang, director de cine austríaco (m. 1976). 1901 - Walt Disney, produtor de películas de debuxos animados e creador da factoría Disney (m. 1966). 1906 - Otto Preminger, director de cine austríaco emigrado aos Estados Unidos (m. 1986). 1932 - Little Richard, cantante americano. 1938 - J.J. Cale, músico e compositor estadounidense. 1939 - Ricardo Bofill, arquitecto e urbanista español. 1944 - Enrique Nicanor, produtor, director, escritor e debuxante galego de cine e televisión (m. 2025). 1950 - Camarón de la Isla, cantaor flamenco andaluz (m. 1992). 1954 - Laura Sánchez Piñón, bióloga e política galega. 1968 - Lisa Marie, actriz e modelo norteamericana.

Mortes miniatura|100px|dereita|Caspar Bauhin. 771 - Carlomán I, rei dos francos da dinastía carolinxia. 1624 - Caspar Bauhin, botánico e anatomista suízo (n. 1560). 1791 - Wolfgang Amadeus Mozart, compositor austríaco (n. 1756). 1870 - Alexandre Dumas, novelista e dramaturgo francés (n. 1802). 1879 - Juan Bautista Alonso, avogado e político galego (n. 1801). 1919 - Xosé Fontenla Leal, intelectual galeguista (n. 1864). 1926 - Claude Monet, pintor impresionista francés (n. 1840). 1936 - Vicente Sáez Ruiz, mestre e político español (n. 1904). 1939 - Santiago Iglesias, político e sindicalista galego (n. 1872). 1979 - Sonia Delaunay, pintora ucraína de orixe xudía casa co pintor francés Robert Delaunay (n. 1885). 1983 - Robert Aldrich, cineasta estadounidense. 1987 - Ramiro Isla Couto, empresario galeguista (n. 1896). 2007 - Karlheinz Stockhausen, compositor alemán (n. 1928). 2010 - Marcos Valcárcel, historiador, xornalista e escritor galego (n. 1958). 2012 - Oscar Niemeyer, arquitecto brasileiro (n. 1907). 2013 - Nelson Mandela, presidente de Suráfrica (n. 1918).

Festas e celebracións Día Internacional do Voluntariado (en orixe, Día Internacional dos Voluntarios para o Desenvolvemento Económico e Social) Día Mundial do Chan, celebrado para destacar o valor deste recurso"Cuidado del suelo y desarrollo sostenible", en La Voz de Galicia, 4.12.2019..

Outros Santoral: Santa Elisa

Os 366 días do ano

Notas

05