Irlanda () ou Eire (; ), oficialmente República de Irlanda () (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses. Está no centro e sur da illa de Irlanda e ocupa a maior parte.
A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.
A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: Leinster (irlandés: Laighin), Ulster (irlandés: Cúige Uladh), Connacht (irlandés: Connachta) e Munster (irlandés: An Mhumhain).
Orixe etimolóxica Os celtas denominaban Éire á poboación irlandesa, polo que a terra comezou a coñecerse como terra dos Éire ou Éireland, cuxa derivación acabou sendo Ireland (Irlanda). Hoxe en día, o nome oficial do estado é 'Irlanda' -Ireland en inglés, Éire en irlandés-. A República de Irlanda -Republic of Ireland ou Poblacht na hÉireann- é a escritura do texto oficial.
Historia
esquerda|miniatura|Cruz celta no Rock of Cashel, no Condado de Tipperary. Irlanda estivo cuberta por xeo e unida a Gran Bretaña e Europa durante a derradeira glaciación. Estivo deshabitada até aproximadamente 9.000 anos. Os habitantes da Idade de Pedra chegaron algo despois do 8000 a.d.C, e a cultura progresou dende o mesolítico ó alto neolítico no curso de tres ou catro milenios aproximadamente. Coa Idade de Bronce, que comezou ó redor do 2500 a.C., trouxo a produción de elaboradas ferramentas e ornamentos de bronce e ouro. A Idade de Ferro en Irlanda está asociada ós celtas. Pénsase que colonizaron a illa nunha serie de vagas entre os séculos VIII e I a.C., e que coa derradeira vaga de celtas, foi conquistada a illa e dividida en cinco ou máis reinos. Os romanos chamaban a Irlanda Hibernia.Os Romanos e Irlanda www.irishclans.com Tolomeo no ano 100 fai un estudo da xeografía e as tribos de Irlanda.A Xeografía de Tolomeo www.roman-britain.co.uk. A relación exacta entre Roma e as tribos de Hibernia non está hoxe clara, xa que as únicas referencias atopámolas nuns poucos escritos romanos.
Os historiadores manteñen que no 432, San Patricio chegou á illa e, nos anos vindeiros, tratou de converter a Irlanda ó Cristianismo.BBC Online - Christianity - Features - St Patrick www.bbc.co.uk/religion As tradicións druídicas desapareceron ante a forza das novas crenzas. As artes da ilustración dos manuscritos, o traballo do metal e a escultura floreceron e produciron tesouros como o Libro de Kells, xoiería, e as traballadas cruces de pedra que cobren a illa. Isto foi interrompido no século IX por 200 anos de guerra contra os piratas viquingos que saqueaban mosteiros e vilas. Eventualmente conseguían establecerse en Irlanda, formando vilas como as actuais cidades de Dublín, Cork, Limerick e Waterford.
En 1172, o rei Henrique II de Inglaterra conseguiu as terras irlandesas co visto e prace do papa inglés Adrián IV, e sobre o século XIII, a lexislación inglesa comezou a ser aplicada á illa. O dominio inglés estivo durante moito tempo limitado á área ó redor de Dublín e Waterford, pero comezou a expandirse no século XVI co colapso final da superestrutura social e política gaélica; e no século XVII os Tudor reconquistaron Irlanda e comezou a colonización protestante das terras de Irlanda, sendo nesta época cando o dominio inglés se estende por toda a illa. Trala rebelión irlandesa de 1641, ós católicos irlandeses negóuselles o voto e a presenza no Parlamento de Irlanda. O dominio da nova clase inglesa protestante foi coñecido como o ascendente protestante.
En 1800 o Parlamento de Irlanda aprobou o Acta de Unión que, en 1801, uniu o Reino de Irlanda e o Reino de Gran Bretaña para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. A totalidade da illa formou parte do Reino Unido, directamente dirixido polo Parlamento do Reino Unido en Londres. O século XIX veu a Gran Fame dos anos corenta, durante a cal morreron preto dun millón de irlandeses e outro millón emigraron. A emigración continuou como resultado da fame e a poboación continuou descendendo até entrado o século XX. A poboación anterior ó tempo de fame era de máis de oito millóns (recollidos no censo de 1841). A poboación non volveu acadar dito nivel dende iso.
miniatura|esquerda|División de Irlanda tralo Tratado Anglo-Irlandés de 1921.
O século XIX e os inicios do XX viron o auxe do nacionalismo irlandés, especialmente entre a poboación católica máis humilde. Daniel O'Connell dirixiu unha exitosa campaña non violenta para a emancipación católica. A subseguinte campaña para revogar a Acta de Unión fallou. Máis tarde Charles Stewart Parnell e outros nacionalistas fixeron unha campaña para acadar unha certa autonomía dentro da Unión, que foi pouco exitosa. Isto provocou o paso do nacionalismo moderado ó separatismo armado.
En 1921, trala Rebelión de Pascua de 1916, e a subseguinte guerra anglo-irlandesa, foi asinado un tratado entre o Goberno Británico e os líderes da República Irlandesa. O tratado adoptou a solución de dous estados separados. De Irlanda do Norte pensábase que ía formar un estado autónomo dentro do novo estado libre irlandés a menos que optase polo non. A poboación protestante de Irlanda do Norte temía converterse nunha minoría dentro dun estado maioritariamente católico. Como se esperaba, optou por permanecer como parte do Reino Unido. Formouse unha comisión para establecer as fronteiras entre os dous estados irlandeses, pero foi abandonada cando recomendou unha maior flexibilidade. Os desacordos sobre o tratado comportaron un rexurdir do nacionalismo e consecuentemente á guerra civil, que rematou en 1923 coa derrota das forzas contrarias ó tratado.
O Tratado Anglo-Irlandés foi aprobado pola Dáil Éireann en decembro de 1921 pero foi rexeitado por unha gran minoría, o que levou á guerra civil irlandesa que durou até 1923. En 1922, no medio desta guerra civil, o Estado Libre Irlandés comezou a existir. Nos seus primeiros anos o novo estado foi gobernado polos vencedores da guerra civil. De todos xeitos, nos anos 30 o Fianna Fáil, o partido dos opoñentes ó tratado, foi elixido para formar goberno. O partido introduciu unha nova constitución en 1937 que renomeou o estado como "Éire ou, en inglés, Ireland" (prefacio á Constitución).
O estado permaneceu neutral durante a segunda guerra mundial, pero ofreceu algún apoio ós aliados, especialmente en Irlanda do Norte. De todos xeitos, estímase que arredor de 50.000 voluntarios da república loitaron nas Forzas Armadas Británicas durante a segunda guerra mundial. En 1949, o estado irlandés declarouse dende aquel momento unha república e que debería ser chamado República de Irlanda. A República viuse afectada pola pobreza e a emigración até mediados dos 70. Os anos 90 viron o comezo dun éxito económico sen precedentes, nun fenómeno coñecido como o "Tigre céltico". Para comezos do século XXI tíñase convertido nun dos países máis ricos (en termos de renda per cápita) na Unión Europea. En outubro de 2006, houbo conversacións entre Irlanda e os Estados Unidos para negociar unha nova política de inmigración entre os dous países, en resposta ó crecemento da economía irlandesa e o desexo de moitos cidadáns americanos que querían moverse a Irlanda en busca de traballo.Ireland considering immigration deal with U.S, Reuters, 25 de outubro de 2006
Política dereita|miniatura|145px| Catherine Connolly, Presidenta de Irlanda. miniatura|250px|dereita|Leinster House, sede do Oireachtas Éireann (o parlamento irlandés). Irlanda é unha república cun sistema parlamentario de goberno. O Presidente de Irlanda, quen constitúe o xefe do estado, elíxese cada 7 anos e só pode ser reelixido unha vez. O presidente posúe un alto grao de testaferro, aínda que posúe certos poderes e funcións constitucionais, asistido polo Consello do Estado, un órgano consultivo. O Taoiseach (primeiro ministro) é designado polo presidente no nomeamento do parlamento. O Taoiseach adoita ser o líder do partido político co maior número de escanos obtidos nas eleccións lexislativas. É bastante común que se formen coalicións de goberno, polo que non existe ningún goberno dun só partido dende o período de 1987-1989.
O parlamento bicameral, Oireachtas, consiste dun senado, Seanad Éireann, e unha cámara baixa, Dáil Éireann. O senado está composto por sesenta membros; once nomeados polo Taoiseach, seis elixidos por dúas universidades, e 43 elixidos por representantes públicos dos paneis de candidatos establecidos sobre unha base vocacional. O Dáil está formado por 166 membros, Teachtaí Dála, elixido para representar circunscricións plurinominais baixo o sistema de representación proporcional mediante o voto único transferible. Segundo a constitución, as eleccións parlamentarias deben ser levadas a cabo polo menos cada sete anos, aínda que un límite menor pode ser establecido por lei. Legalmente na actualidade, ten unha duración de cinco anos.
O goberno está constitucionalmente limitado a quince membros. Non máis que dous membros do goberno poden ser elixidos polo senado, e o Taoiseach, Tánaiste (vice-primeiro ministro) e ministro de finanzas deben ser membros do Dáil. O actual goberno atópase conformado por unha coalición entre dous partidos: Fine Gael do Taoiseach Enda Kenny e os Irish Labour Party do Tánaiste Eamon Gilmore.
A principal oposición no actual Dáil está conformada por Fine Gael e o Partido Laborista. Outros partidos que tamén posúen representación no Dáil, son o Partido Verde, o Sinn Féin e o Partido Socialista.
Irlanda uniuse á Unión Europea en 1973 aínda que elixiu permanecer fóra do Tratado de Schengen. Os cidadáns do Reino Unido poden entrar na Irlanda sen pasaporte grazas á Common Travel Area.
Divisións administrativas
A República de Irlanda subdivídese en 26 condados. Estas divisións son utilizadas en contextos políticos, culturais e deportivos.
250px|Mapa dos condados de IrlandaRepública de Irlanda Dublín - Baile Átha Cliath Wicklow - Cill Mhantáin Wexford - Loch Garman Carlow - Ceatharlach Kildare - Cill Dara Meath - An Mhí Louth - Lú Monaghan - Muineachán Cavan - An Cabhán Longford - An Longfort Westmeath - An Iarmhí Offaly - Uíbh Fhailí Laois - Laoighis Kilkenny - Cill Chainnigh Waterford - Port Láirge Cork - Corcaí<li>Kerry - Ciarraí <li>Limerick - Luimneach <li>Tipperary - Tiobraid Árann <li>Clare - An Clár <li>Galway - Gaillimh <li>Mayo - Maigh Eo <li>Roscommon - Ros Comáin <li>Sligo - Sligeach <li>Leitrim - Liatroim <li>Donegal - Dún Na Ngall
Irlanda do Norte (Reino Unido): Fermanagh - Fear Manach Tyrone - Tír Eoghain Derry/Londonderry - Doire Antrim - Aontroma Down - An Dún Armagh - Ard Mhacha
Xeografía
miniatura|dereita|260px|Cantís de Moher, co. Clare.