O 15 de xaneiro é o décimo quinto día do ano no calendario gregoriano. Quedan 350 días para rematar o ano e 351 nos anos bisestos.
Acontecementos 69 - Otón toma o poder en Roma, proclamándose emperador de Roma, pero suicídase tres meses despois. 1559 - Isabel I de Inglaterra é coroada na abadía de Westminster. 1582 - Rusia cede a Livonia e a Estonia á Polonia 1759 - Inaugúrase en Londres o Museo Británico. 1913 - Primeira transmisión telefónica sen fíos entre Nova York e Berlín. 1938 - Guerra civil española: bombardeo de Barcelona. 1944 - Un terremoto destrúe a cidade de San Juan na Arxentina. 1969 - A Unión Soviética lanza a Soiuz 5. 1996 - Mario Vargas Llosa toma posesión da cadeira 'L' da Real Academia Española da Lingua. 2001 - Wikipedia inicia a súa andaina en liña. 2002 - Primeiro aniversario da edición orixinal en inglés de Wikipedia.
Nacementos miniatura|125px|Pierre-Joseph Proudhon. 1432 - Rei Afonso V de Portugal (m. 1481). 1622 - Molière, dramaturgo francés (m. 1673). 1809 - Pierre Joseph Proudhon, anarquista francés (m. 1865). 1812 - Peter Christen Asbjørnsen, poeta e naturalista noruegués (m. 1885). 1842 - Paul Lafargue, xornalista, teórico político e revolucionario francés (m. 1911). 1850 - Sofia Kovalewska, matemática rusa. 1850 - Mihai Eminescu, poeta romano (m. 1889). 1866 - Nathan Söderblom, arcebispo sueco, Premio Nobel da Paz (m. 1931). 1873 - José García Acuña, diplomático e escritor galego (m. 1933). 1882 - Daniel Vázquez Díaz, pintor español (m. 1969). 1884 - Manuel Vázquez Seijas, historiador e escritor galego (m. 1982). 1891 - Osip Mandelshtam, poeta ruso (m. 1938). 1895 - Artturi Ilmari Virtanen, químico finlandés, Premio Nobel de Química (m. 1973). 1896 - Víctor de la Serna, escritor chileno residente en España (m. 1958). 1904 - Cosme Vázquez, futbolista galego (m. 1976). 1906 - Aristóteles Onassis, magnate grego (m. 1975). 1909 - Gene Krupa, batería norteamericano (m. 1973). 1918 - Gamal Abdel Nasser, líder político árabe (m. 1970). 1918 - João Baptista Figueiredo, presidente do Brasil (m. 1999). 1929 - Martin Luther King, defensor dos dereitos humanos, Premio Nobel da Paz (m. 1968). 1929 - Luis Caruncho, escultor e pintor galego. 1938 - José María Hernández Cochón, médico e político galego. 1955 - Andreas Gursky, fotógrafo alemán. 1955 - José Montilla, político andaluz. 1958 - Boris Tadić, presidente de Serbia. 1965 - Adam Jones, músico e artista visual estadounidense. 1968 - Iñaki Urdangarin, xogador de balonmán español.
Mortes miniatura|125px|Rosa Luxemburg. 1597 - Juan de Herrera, arquitecto español, autor dos planos do Mosteiro do Escorial (n. 1530). 1897 - Mariano Jamardo, xornalista galego (n. 1865). 1911 - Carolina Coronado, escritora galega (n. 1821). 1915 - Alejandro Mon Landa, avogado e político galego (n. 1852). 1919 - Rosa Luxemburg, revolucionaria e fundadora do Partido Comunista Alemán (asasinada) (n. 1870). 1919 - Karl Liebknecht, dirixente socialista alemán (asasinado) (n. 1871). 1926 - Domingo de Orueta y Duarte, científico español, presidente da Academia Española de Historia Natural (n. 1862). 1933 - Constantino Candeira González, empresario e político galego. 1988 - Seán MacBride, político irlandés, Premio Nobel da Paz (n. 1904). 1994 - Federica Montseny, ministra española da II República (n. 1905). 2003 - Eduardo "Gato" Alquinta, músico, líder do grupo "Los Jaivas" (n. 1945). 2005 - Victoria de los Ángeles, soprano catalá (n. 1923). 2009 - Manoel Riveiro Loureiro, escritor galego (n. 1933). 2009 - Olivier Clément, escritor e teólogo francés (n. 1921). 2012 - Manuel Fraga Iribarne, político galego (n. 1922). 2013 - Nagisa Ōshima, director de cine xaponés (n. 1932).
Festas e celebracións Festa do Neno Perdido en Huancavelica - Perú. Día de Martin Luther King, nos Estados Unidos. Día de John Chilembwe - Malawi. Día do mestre - Venezuela.
Santoral Amaro de Anjou. Amaro o Peregrino
Outros Día da Wikipedia.
Os 366 días do ano
Categoría:Xaneiro