César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina .

Traxectoria Licenciouse en Dereito e en Ciencias da Información. Doutorouse cum laude cun traballo de investigación sobre A prensa literaria española, publicado en tres volumes. Foi profesor da Universidade Complutense de Madrid e seguiu séndoo nos últimos anos, na facultade de Humanidades e Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidade de Verán do Escorial.

Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16 onde foi director asistente e responsable das páxinas de cultura e espectáculos, así como dos suplementos Culturas e Libros. En 1996 incorporouse ao Círculo de Bellas Artes de Madrid como director-xerente.

En maio de 2004 foi nomeado Director do Instituto Cervantes. Nese mesmo ano foi galardoado co Premio Fernández LatorrePremios Fernández Latorre , ano 2004.. En setembro de 2005 o goberno de Francia outorgoulle a Orde das Artes e Letras.

O 6 de xullo de 2007 foi nomeado ministro de Cultura en substitución de Carmen Calvo, polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Nas Eleccións Xerais de 2008 encabeza a candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, resultando elixido, e máis tarde confirmado como Ministro de Cultura na IX Lexislatura. Trala remodelación do Goberno do 7 de abril de 2009 deixou o Ministerio de Cultura sendo substituído por Ángeles González-SindeÁngeles González Sinde substitúe a César Antonio Molina como Ministro de Cultura, culturagalega.org, 7 de abril de 2009.. En xuño de 2010 falou desa substitución, mencionando que se debera a razóns de paridade e glamour"César Antonio Molina: «Zapatero me dijo que me destituía por la paridad y por el glamour»" , entrevista de Manuel Jabois a César Antonio Molina no Diario de Pontevedra, 2 de xuño de 2010 ., e dixo de Zapatero que es una persona que no escucha y que sólo se fía de sí mismo.

Carreira literaria Escritor en galego e en castelán, ten traballado fundamentalmente a prosa científica e a poesía, pero tamén é coñecido o seu labor como antoloxista.

Libros publicados En galego

A fin de Fisterra. Edición bilingüe galego-castelán. Ferrol: Sociedade de Cultura Valle Inclán, 1988. 50 p. Prensa literaria en Galicia (1809-1920). Vigo: Edicións Xerais, 1989. 380p. Prensa literaria en Galicia (1920-1960). Vigo: Edicións Xerais 1989. 715 p. A fin de Fisterra [poesía]. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2001. 47 p. Soños nos cantís. Antoloxía poética 1974-2005. A Coruña: Espiral Maior, 2006, 198 p. Eume. Vigo: Editorial Galaxia, 2007, 146 p.

Obras colectivas Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, Espiral Maior, 2008. Tamén navegar. Toxosoutos, 2011. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, Toxosoutos, 2013.

En castelán Épica. A Coruña: Argrove, 1974. 45 p. Proyecto preliminar para una arqueología de campo [poesía]. Barcelona: Anthropos, 1978. 103 p. Últimas horas en Lisca Blanca. León: 1979. 20 p. La estancia saqueada [poesía]. Barcelona: Los libros de la frontera, 1983. 86 p. La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930). A Coruña: NOS, 1984. 397 p. Antología de la poesía Gallega contemporánea. Madrid: Júcar, 1984. 509p. Gobierno de un jardín. Cuenca: II MENU, 1986. (Colección Cuadernos de poesía) Derivas. Madrid: Maina, 1987. 84 p. Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950) [ensayo]. Madrid: Endymion, 1990. 394 p. Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa. Madrid: Akal, 1990. 400p. Las ruinas del mundo. Barcelona: Anthropos, 1991. 480p.En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia. Para no ir a parte alguna. Valencia: Pre-textos, 1994, 85 p. Sobre la inutilidad de la poesía. Madrid: Huerga & Fierro, 1995. 492p. Nostalgia de la nada perdida; ensayo sobre narrativa contemporánea. Madrid: Endymion, 1996. 520 p. Vivir sin ser visto. Barcelona: Península, 2000. 238p. A Coruña, agua y luz. Edición bilingüe castellano-inglés. Barcelona: Lunwerg, 2001. 254p. Olas en la noche. Valencia: Pre-textos, 2001. 87p. Regresar a donde no estuvimos. Barcelona: Península, 2003. 461 p. Viaje a la Costa da morte. Madrid: Huega & Fierro, 2003. 315 p. En el mar de Ánforas. Valencia: Pre-Textos, 2005 (Colección de poesía) 204p. En honor de Hermes. Madrid: Huerga & Fierro, 2005. 769p. Fuga del amor. Barcelona: Destino, 2005. 245p. El rumor del tiempo. Madrid: Círculo de lectores, 2006 La caza de los intelectuales, Barcelona: Destino, 2014. La poesía es un error necesario, A Coruña: Trifolium, 2015. Zhivago, A Coruña: Trifolium, 2015. Todo se arregla caminando (Memorias de ficción Tomo VI). Barcelona. Destino, 2016. ISBN 9788423350797 Vieja cima. Ars Poética. ISBN 978-84-947330-3-1 Calmas de enero. Tusquets Ediciones. ISBN 9788490664704 Tan poderoso como el amor. Destino, 2018. 492 p. ISBN 978-84-233-5365-1 Las democracias suicidas. Fórcola, 2019. 283 p. ISBN: 978-84-17425-28-9 Para el tiempo que reste. Fundación José Manuel Lara, 2020. 216 p. ISBN:978-84-17453-45-9 ¿Qué hacemos con los humanos?. Deusto, 2023. 384 p.

Notas

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid