Dolores García Giménez, tamén coñecida como Dolores García Dorgambide, nada en Vilagarcía de Arousa en 1956, é unha política socialista que foi alcaldesa de Vilagarcía de Arousa.

Traxectoria Filla de Benito García Dorgambide, foi avogada e funcionaria da Xunta de Galicia, ocupando o cargo de xefa de servizo de Xestión Económica do Sergas.

Formou parte, como número 2, da candidatura do PSdeG-PSOE en Vilagarcía de Arousa nas eleccións municipais de 2007, a cal revalidou o goberno local. Logo da dimisión do alcalde Enrique León Calviño, o 9 de xullo de 2007, a causa das dúbidas de incompatibilidade coa súa situación de policía na reserva, foi elixida alcaldesa da cidade o 12 de xullo, a primeira da súa historia, co apoio dos concelleiros socialistas e nacionalistas, os cales gobernaban en coalición. En setembro de 2010, logo de tres anos como alcaldesa, anunciou que non se presentaría á reelección nas municipais de 2011 por motivos persoaisLa alcaldesa arousana, en la estela de Teresa Casal, da paso a la renovación , El Correo Gallego, 24/9/2010., tralas cales abandonou a alcaldía.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa

Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes