Somne é unha coprodución galega do ano 2004 dirixida por Isidro Ortiz. entre os seus protagonistas atópanse actores galegos coma Nancho Novo ou Uxía Blanco. A produción corre a cargo da produtora galega Vaca Films xunto á TVG e a madrileña Lotus Films. A rodaxe tivo lugar en Santiago de Compostela, Lousame, O Grove, Madrid e nas minas de San Fins. A longametraxe presentouse o 12 de outubro de 2005 no Festival de Sitges, e a estrea comercial en España foi o 21 do mesmo mes.

Sinopse A protagonista deste filme é Andrea (Goya Toledo), unha neuróloga de éxito que decide volver ó lugar onde estudou ó coñecer a nova do suicidio dunha antiga profesora súa, María (Uxía Blanco). Esta deixara sen rematar un importante experimento no que estaba a traballar.

A Andrea propóñenlle continuar a investigación da profesora no punto no que esta a deixou. Andrea acepta o reto xunto a Gabriel (Óscar Jaenada), o fillo de María, e Diego (Nancho Novo).

Equipo artístico Goya Toledo Óscar Jaenada Nancho Novo Chete Lera Gary Piquer Uxía Blanco Jordi Dauder Iván Hermés Manuel Dios Itxaso Álvarez

Equipo técnico Axudante de dirección: Eva Campoy Guión: David Alonso e Cristóbal Garrido. Dirección de fotografía: Pedro del Rey Dirección artística: Carlos Bodelón Son: Julio Recueiro, Pedro Barbadillo, Álex F. Capilla Música: Javier Cámara Maquillaxe: Raquel Fidalgo Vestiario: Eva Arretxe Efectos especiais: Xavi Bastida, Pau Loewe, José M. Meneses, Pablo Perona Navarro, Juan Serrano.

Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes dirixidos por Isidro Ortiz