Reveriano Soutullo Otero, nado en Ponteareas o 11 de xullo de 1880 e finado en Madrid o 28 de outubro de 1932, foi un compositor galego. Entre 1919 e 1931 formou tándem con Juan Bautista Vert Carbonell, con quen compuxo importantes zarzuelas.
Traxectoria Foi o cuarto de once irmáns. Os seus pais, Manuel Soutullo Valenzuela e Carolina Otero Parga vivían en Redondela, de onde era oriúnda a nai.
Dende pequeno iníciase na música da man do seu pai. Máis tarde estuda música na Escola de Artes e Oficios de Vigo co pianista Gregorio Elola. Sendo mozo ingresa na Banda de Música Municipal de Tui e dirixe o Orfeón Galicia da mesma vila, co cal gaña algúns premios, e unha rondalla, onde tocan algunhas das súas primeiras composicións. En 1896 ingresa coma músico de segunda na especialidade de cornetín no Rexemento de Infantaría Murcia nº 37 da cidade de Vigo, estudando harmonía co director da mesma, Ricardo Cetina.
En 2016, o xornal La Voz de Galicia publicaba o descubrimento de 35 partituras inéditas e 12 perdidas do compositor ponteareán nun arquivo particular da familia Garrote, en Sada. O descubrimento foi froito do traballo de investigación de Alejo Amoedo, profesor do Conservatorio de Vigo, que estaba a investigar a obra para piano de Soutullo, 46 destas pezas son composicións para banda e unha para piano, e todas elas pertencen á súa primeira etapa como compositor, datadas antes de 1915, e algúns orixinais estaban asinados baixo o pseudónimo L. Rals. Co descubrimento o número de obras coñecidas de Soutullo incrementouse ata unhas 300, aínda que se calcula que hai outro cento por recuperar.
Vida persoal En 1905 casou coa pianista viguesa Juana Meis Beiro. No nacemento do primeiro fillo, a súa muller perdeu a vida. Máis tarde, Soutullo casaría con Victoria San Emeterio, con quen tivo cinco fillos.
Obra
Pasodobre Ponteareas Zarzuelas El regreso (1906)
El tío Lucas (1907)
En colaboración con Juan Vert
La leyenda del beso La del soto del parral El último romántico
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía (colaborador: Plácido Domingo)
Ligazóns externas EPDLP: Reveriano Soutullo Entrevista a Reveriano Soutullo en Galicia espallada
Zarzuela.net .
Categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Compositores do Romanticismo