O 15 de xullo é o 196º día do ano do calendario gregoriano e o 197º nos anos bisestos. Quedan 169 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1099 - A Primeira Cruzada conquista Xerusalén, formándose o Reino de Xerusalén (entre 1099 e 1187). Ao longo dos seguintes 2 días a poboación musulmá da cidade será masacrada. Os xudeus son queimados vivos na Gran Sinagoga, onde se refuxiaran. 1738 - En Madrid (España) fúndase a Real Academia de Medicina. 1799 - En Exipto descóbrese a Pedra de Rosetta, que permitirá descifrar os xeroglíficos exipcios. 1815 - Os británicos encarceran e desterran a Napoleón Bonaparte á illa de Santa Helena no Atlántico Sur. 1835 - Na Primeira Guerra Carlista prodúcese a batalla de Mendigorría, da que saen vitoriosos os liberais. 1864 - Alfred Nobel patenta a nitroglicerina como explosivo. 1898 - Na illa de Cuba, no marco da Guerra Hispano-Estadounidense, capitula a cidade de Santiago. 1914 - En Panamá inaugúrase o edificio da Administración do Canal. 1916 - En Seattle (Estados Unidos), William Edmund Boeing funda a compañía aeronáutica que leva o seu nome: Boeing. A fundación fíxose co socio George Conrad Westervelt, un enxeñeiro naval estadounidense, e foi denominada por entón "B&W". 1918 - Segunda Batalla do Marne, na primeira guerra mundial. 1953 - Na Arxentina, grupos peronistas incendian a Casa do Pobo (do movemento obreiro ilustrado, anarquista), coa biblioteca de temas sociais máis grande de Suramérica. 1954 - O prototipo do avión de pasaxeiros Boeing 707 realiza o seu primeiro voo. 1963 - Comercialízase na Arxentina o primeiro Ford Falcon construído no país. 1982 - En España asínase o Estatuto de Autonomía da Comunidade Valenciana. 1983 - Entra en vigor a primeira lei de normalización lingüística da comunidade autónoma de Galicia. 2004 - EUA lanza o satélite de observación terrestre Aura. 2009 - Un avión Tupolev da compañía Caspian Airlines estrélase con 153 pasaxeiros e 15 tripulantes cando se dirixía desde Teherán (Irán) a Iereván (Armenia). 2010 - Na Arxentina apróbase o proxecto de lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e a adopción por parte dos mesmos. Arxentina é o primeiro país latinoamericano en implementalo e o décimo a nivel mundial. 2011 - Estrea mundial de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte), a última entrega da serie de películas Harry Potter. A súa recadación mundial convértea na terceira película máis vista de todos os tempos.

Nacementos miniatura|150px|Rembrandt. miniatura|150px|Walter Benjamin. 1573 - Inigo Jones, arquitecto inglés. (m. 1652) 1606 - Rembrandt, pintor holandés. (m. 1669) 1789 - Enrique Martínez, Brigadier Xeral da Arxentina e o Uruguai, Coronel do Exército de Chile e Mariscal do Perú. 1815 - Enrique Gil y Carrasco, escritor romántico español. 1823 - Alexandre de Hesse, primeiro príncipe de Battenberg. (m.1888) 1831 - Reinhold Begas, escultor alemán. 1848 - Vilfredo Pareto, economista italiano (m.1923) 1854 - Jacek Malczewski, pintor polaco. 1872 - José Enrique Rodó, escritor e filósofo uruguaio. 1879 - Alcides Arguedas, escritor, político e historiador boliviano. 1884 - Francisco Cereceda, enxeñeiro e político chileno. 1885 - Josef Frank, arquitecto e deseñador austríaco/sueco. 1892 - Walter Benjamin, escritor e filósofo alemán. 1893 - William Dieterle, cineasta e actor estadounidense de orixe alemá. 1901 - Nicola Abbagnano, filósofo italiano. 1902 - Jean Rey, político belga. 1904 - Rudolph Arnheim, psicólogo e filósofo alemán (m. 2007). 1905 - Enrique Laguerre, escritor portorriqueño. 1909 - William Cochran, estatístico escocés (m. 1980). 1917 - Nur Mohammad Taraki, intelectual, revolucionario e estadista afgán. 1918 - Bertram Neville Brockhouse, físico canadense, Premio Nobel de Física en 1994. 1919 - Iris Murdoch, escritora irlandesa. 1921 - Robert Bruce Merrifield, bioquímico estadounidense, Premio Nobel de Química en 1984. 1922 - Leon Max Lederman, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1988. 1926 - Leopoldo Galtieri, militar e ditador da Arxentina. 1928 - Carl Woese, microbiólogo estadounidense. 1929 - Francis Bebey, escritor camerunés en lingua francesa. 1930 - Jacques Derrida, filósofo francés. 1930 - Stephen Smale, matemático estadounidense. 1931 - Clive Cussler, escritor estadounidense. 1932 - José Antonio Echevarría, líder estudantil cubano. 1933 - Julian Bream, guitarrista e laudista británico. 1933 - Guido Crepax, ilustrador e historietista italiano. 1934 - Harrison Birtwistle, compositor británico. 1939 - Aníbal Cavaco Silva, político portugués. 1942 - Mil Máscaras, loitador profesional mexicano. 1943 - Jocelyn Bell Burnell, astrofísica británica. 1944 - Millie Jackson, cantante estadounidense. 1946 - Muda Hassanal Bolkiak, sultán bruneano. 1946 - Linda Ronstadt, cantante estadounidense. 1947 - Peter Banks, guitarrista británico de Yes. 1947 - Trevor Horn, músico británico de The Buggles. 1949 - Carl Bildt, político sueco. 1951 - Jesse Ventura, ex loitador e político estadounidense. 1951 - Gregory Isaacs, músico xamaicano (m. 2010). 1952 - Terry O'Quinn, actor estadounidense. 1952 - Johnny Thunders, cantante e guitarrista da banda New York Dolls (m. 1991). 1953 - Jean-Bertrand Aristide, político e sacerdote haitiano. 1953 - Alicia Bridges, cantante estadounidense. 1954 - Mario Alberto Kempes, futbolista arxentino. 1955 - Carlos Iglesias Serrano, actor e director español. 1956 - Joe Satriani, virtuoso guitarrista estadounidense. 1956 - Marky Ramone, batería estadounidense (The Ramones). 1956 - Ian Curtis, vocalista británico (Joy Division). 1957 - Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista galega. 1961 - Forest Whitaker, actor e cineasta estadounidense. 1963 - Brigitte Nielsen, actriz danesa. 1967 - Adam Savage, presentador de televisión estadounidense. 1968 - Leticia Calderón, actriz mexicana. 1970 - Chi Cheng, baixista estadounidense (Deftones). 1973 - John Dolmayan, batería libanés (System of a Down). 1976 - Jim Jones, rapeiro estadounidense. 1976 - Diane Kruger, actriz e modelo alemá. 1976 - Marco Di Vaio, futbolista italiano. 1977 - Ray Toro, guitarrista estadounidense (My Chemical Romance). 1978 - José Antonio Delgado, cantautor español. 1979 - Travis Fimmel, actor e modelo australiano 1980 - Erika Sanz, actriz e bailarina española. 1981 - José María Calvo, futbolista arxentino. 1981 - Issa Gadala, cantautor dominicano. 1982 - Jerónimo Figueroa, "Momo", futbolista español. 1982 - Aída Yéspica, modelo e personaxe da televisión venezolana. 1982 - Roger González, presentador, locutor, actor e cantante mexicano. 1992 - Koharu Kusumi, actriz de dobraxe e cantante xaponesa (Morning Musume).

Mortes miniatura|150px|Rosalía de Castro. miniatura|150px|Anton Chekhov. 967 (ou 972) - Boleslao I o Cruel, príncipe bohemio. 1274 - Boaventura de Bagnoregio, teólogo, franciscano e cardeal. 1291 - Rodolfo I, monarca alemán. 1542 - Lisa Gherardini, nobre florentina (n. 1479). 1685 - James Scott, duque de Monmouth, nobre británico. 1789 - Jacques Duphly, compositor francés. 1857 - Carl Czerny, pianista e compositor austríaco (n. 1791). 1876 - Juan Pablo Duarte, político e activista dominicano (n. 1813). 1876 - Aleksander Fredro, poeta, dramaturgo e escritor polaco. 1885 - Rosalía de Castro, escritora galega (n. 1837). 1890 - Gottfried Keller, novelista e poeta suízo en lingua alemá. 1904 - Anton Chekhov, escritor ruso. 1905 - Raimundo Fernández Villaverde, político e presidente español (1903 e 1905) (n. 1848). 1919 - Hermann Emil Fischer, químico alemán, Premio Nobel de Química en 1902. 1923 - Wilhelm Jerusalem, filósofo e pedagogo austríaco. 1929 - Hugo von Hofmannsthal, poeta, dramaturgo e ensaísta austríaco. 1933 - Irving Babbitt, académico e crítico literario estadounidense (n.1865) 1933 - Freddie Keppard, músico de jazz estadounidense (n. 1890). 1936 - Richard Dixon Oldham, sismólogo británico (n. 1858). 1937 - Agapito García Atadell, sindicalista galego (n. 1902). 1940 - Robert Wadlow, o home máis alto da historia (n. 1918). 1946 - Wen Yiduo, poeta chinés (n. 1899). 1954 - Ángel García Díaz, escultor español. 1964 - Luis Batlle Berres, político uruguaio, presidente entre 1947 e 1951 (n. 1896). 1964 - Pedro Basanta del Río, enxeñeiro forestal e político galego. 1970 - Luis Mariano, cantante e actor vasco. 1974 - Christine Chubbuck, periodista estadounidense. 1976 - Rodolfo Mondolfo, filósofo italiano (n. 1877). 1979 - Gustavo Díaz Ordaz, presidente mexicano entre 1964 e 1970 (n. 1911). 1982 - Bill Justis, músico e produtor estadounidense. 1989 - Laurie Cunningham, futbolista inglés (n. 1956). 1992 - Hammer DeRoburt, presidente nauruano entre 1968 e 1976, e entre 1978 e 1989 (n. 1922). 1995 - Morella Muñoz, mezzosoprano venezolana (n. 1935). 1996 - Dana Hill, actriz estadounidense. 1997 - Gianni Versace, deseñador italiano (n. 1946). 2000 - Juan Filloy, escritor e supercentenario arxentino (n. 1894). 2003 - Roberto Bolaño, escritor e poeta chileno (n. 1953).Adiós a Roberto Bolaño 2007 - Kelly Johnson, guitarrista británica (Girlschool). 2008 - Gyorgy Kolonics, piragüísta húngaro, medallista olímpico. 2011 - Cornell MacNeil, barítono estadounidense (n. 1922).

Festas e celebracións

Outros Santoral:

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Xullo