O 17 de xullo é o 198º día do ano do calendario gregoriano e o 199º nos anos bisestos. Quedan 167 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1048 - En Roma, Dámaso II é nomeado papa. 1099 - Na actual Israel —no marco da Primeira Cruzada— terceiro día de masacre contra a poboación musulmá en Xerusalén (conquistada dous días antes polos europeos). 1242 ou 1243 - Orihuela é conquistada polas tropas castelás ao mando do rei Afonso X o Sabio. 1512 - As tropas castelás ao mando do Duque de Alba, inician a invasión do Reino de Navarra. 1762 - En Rusia, Catarina II tórnase tsarina tras o asasinato de Pedro III. 1793 - En Francia, Charlotte Corday é guillotinada por matar a Jean-Paul Marat no baño. 1823 - No Perú, o xefe militar supremo Antonio José de Sucre entrega a presidencia a José Bernardo de Tagle. 1899 - Chega a Buenos Aires o biólogo alemán Christofredo Jakob. No laboratorio especialmente construído creará a Escola Neurobiolóxica Arxentino-Xermana onde formará a máis de 4000 investigadores. Desde 1982 conmemórase como Día do Investigador Neurocientífico nese país (Resol. 7/1982 do Centro de Investigacións Neurobiolóxicas, Ministerio de Saúde). 1906 - En Filipinas, o presidente Macario Sacay y de León é capturado por tropas estadounidenses. 1918 - Na casa Ipatiev de Ekaterimburgo (Rusia), o tsar Nicolao II e a súa familia son executados por orde do Partido Bolxevique. 1936 - En España, golpe de estado do exército do norte de Marrocos e diversas guarnicións peninsulares. Comeza a guerra civil española. 1942 - En España promúlgase a Lei Constitutiva das Cortes. 1955 - Abre a primeira Disneylandia en California, Estados Unidos 1964 - Malcolm X fala ante a Organización para a Unidade Africana. 1979 - En Nicaragua, o presidente Anastasio Somoza Debayle renuncia e foxe a Miami (Estados Unidos). 1980 - No Xapón, Zenkō Suzuki é nomeado primeiro ministro. 1980 - En Bolivia, o xeneral Luis García Meza Tejada lidera un dos máis sanguentos golpes de Estado da historia dese país. 1991 - Lánzase o satélite europeo de observación terrestre ERS. 1994 - No estadio Rose Bowl de Pasadena (Estados Unidos), Brasil coróase por cuarta vez campión do mundo de fútbol ao vencer a Italia na quenda de penaltis. 1998 - En Italia asínase o Estatuto de Roma que establece a Corte Penal Internacional. 2002 - Na Illa Perejil, soldados españois desaloxan a soldados marroquís que seis días antes ocuparan a illa. (Operación Romeo-Sierra). 2005 - No tráxico incendio da Riba de Saelices (Guadalajara) falecen 11 membros do retén de Cogolludo. 2007 - No aeroporto de Congonhas (São Paulo, Brasil), o Voo 3054 de TAM Linhas Aéreas procedente de Porto Alegre derrapa ao aterrar e choca contra un depósito de combustible, deixando un saldo de 200 mortos. 2008 - Na Arxentina, a votación por unha polémica lei de retencións acaba en empate 36 a 36 na Cámara de Senadores. Julio Cobos (vicepresidente da Nación e presidente da Cámara de Senadores) vota en contra do Goberno que representa.

Nacementos miniatura|100px|Camille Corot. miniatura|100px|María Wonenburger. miniatura|100px|Angela Merkel. 1676 - César Chesneau Dumarsais, gramático e filósofo francés. 1744 - Elbridge Gerry, político estadounidense. 1750 - Francisco Mourelle de la Rúa, navegante galego nado en Ponteceso. 1763 - John Jacob Astor, comerciante estadounidense de orixe alemá. 1766 - José Joaquín Camacho Lago, político e periodista colombiano. 1787 - Friedrich Krupp, empresario alemán. 1796 - Camille Corot, pintor francés. 1825 - Álvaro Dávila y Núñez de Villavicencio, VI Marqués de Villamarta-Dávila, VI Marqués de Mirabal e VII Conde de Villafuente Bermeja. 1843 - Julio Argentino Roca, militar e presidente arxentino entre 1880 e 1886, e entre 1898 e 1904. 1846 - Casto Plasencia y Maestro, pintor español. 1846 - Jaime Ozores de Prado, militar e filántropo galego. 1871 - Lyonel Feiniger, pintor alemán. 1877 - Hermann Jadlowker, tenor israelí de orixe letoa (m. 1953). 1883 - Mauritz Stiller, cineasta sueco. 1894 - Georges Lemaître, astrofísico belga. 1899 - James Cagney, actor estadounidense. 1899 - Erle Stanley Gardner, avogado e escritor estadounidense. 1905 - Jacinto Quincoces, futbolista español. 1906 - Xulia Minguillón, pintora galega nacida en Lugo (m. 1965). 1912 - Aligi Sassu, pintor e escultor italiano (m. 2000). 1912 - Art Linkletter, actor estadounidense. 1913 - Roger Garaudy, filósofo e escritor francés. 1915 - Oberdan Sallustro, industrial ítalo-arxentino. 1917 - Phyllis Diller, actriz estadounidense. 1917 - Generoso Jiménez, trombonista cubano. 1917 - Isang Yun, compositor coreano. 1920 - Juan Antonio Samaranch, empresario catalán (m. 2010). 1925 - Carlos París, profesor de filosofía e escritor español. 1927 - María Wonenburger, matemática galega. 1928 - Vince Guaraldi, músico estadounidense. 1928 - Joe Morello, batería estadounidense de The Dave Brubeck Quartet (m. 2011). 1932 - Joaquín Salvador Lavado, Quino, humorista arxentino, creador de Mafalda. 1935 - Donald Sutherland, actor canadense de cinema. 1935 - Salvador García-Bodaño, escritor galego. 1935 - Diahann Carroll, actriz estadounidense. 1938 - Franz Alt, xornalista e teólogo alemán. 1938 - Juan Bernal Ponce, arquitecto e artista chileno-costarriqueño. 1939 - María Ilva Biolcati, cantante e actriz italiana. 1941 - Spencer Davis, guitarrista británico (Spencer Davis Group). 1941 - Jurgen Flimm, director alemán. 1942 - Tim Brooke-Taylor, actor cómico británico. 1947 - Camila de Cornualla, duquesa británica, esposa do príncipe Carlos. 1952 - Carmen Balagué, actriz española. 1952 - David Hasselhoff, actor e cantante estadounidense. 1953 - Celso Currás Fernández, político galego. 1954 - Angela Merkel, política e chanceler alemá desde 2005. 1958 - Wong Kar-wai cineasta hongkonés. 1958 - Manuel Miragaia, escritor galego. 1963 - Letsie III, rei de Lesoto. 1965 - Santiago Segura, actor, guionista, director e produtor español. 1966 - Guru, rapeiro estadounidense (m. 2010). 1971 - Joan Frank Charansonnet, actor, guionista e cineasta español. 1972 - Jason Rullo, batería estadounidense (Symphony X). 1972 - Andy Whitfield, actor galés (f. 2011). 1974 - Claudio Javier López, futbolista arxentino. 1975 - Elena Anaya, actriz española. 1976 - Marcos Senna, futbolista hispano-brasileiro. 1978 - Dolores Fonzi, actriz arxentina. 1985 - Tom Fletcher, vocalista, compositor, guitarrista e pianista (McFLY). 1998 - Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, neto do rei Juan Carlos I de España

Mortes miniatura|100px|Adam Smith. miniatura|100px|Plácido Castro. miniatura|200px|A familia imperial rusa. 1085 - Roberto Guiscardo, duque normando de Apulia. 1399 - Eduviges I, raíña de Polonia. 1566 - Bartolomé de las Casas, relixioso dominico español. 1762 - Pedro III, tsar ruso. 1772 - Bartolomé de Raxoi, arcebispo de Santiago (n. 1690). 1790 - Adam Smith, economista e filósofo escocés. 1821 - Fulgencio Yegros, militar paraguaio. 1845 - Charles Grey, político británico. 1852 - Salvatore Cammarano, poeta e libretista de ópera italiano. 1906 - Carlos Pellegrini, presidente da Arxentina (1890-1892). 1911 - Rufino José Cuervo, filólogo e humanista colombiano. 1912 - Henri Poincaré, matemático francés (n. 1854). 1918 - Nicolao II (50), tsar ruso entre 1894 e 1917, asasinado canda a súa dona Alexandra Romanova (46) e os seus fillos Olga (22), Tatiana (21), María (19), Anastasia (17) e Aleksei (13). 1928 - Álvaro Obregón, militar mexicano, presidente entre 1920 e 1924. 1935 - George William Russell, escritor, poeta e pintor irlandés. 1945 - Ernst Busch, mariscal de campo alemán. 1946 - William James Sidis, xenio estadounidense. 1950 - Vicente Varela Radío, médico e político galego (n. 1883). 1959 - Billie Holiday, cantante estadounidense. 1961 - Ty Cobb, beisbolista estadounidense. 1967 - John Coltrane, músico estadounidense de jazz. 1967 - Plácido Castro escritor, xornalista e tradutor galego (n. 1902). 1976 - Marcos Redondo, cantante lírico español. 1986 - Luis de Castresana, escritor español. 1994 - Sebastián Piana, compositor de tangos arxentino. 1995 - Juan Manuel Fangio, piloto de Fórmula 1 arxentino (n. 1911). 1996 - Chas Chandler, músico e produtor británico (The Animals) (n. 1938). 1997 - Hugo Gunckel Luer, botánico chileno (n. 1901). 2001 - Katharine Graham, xornalista estadounidense (n. 1917). 2001 - Morris, debuxante belga, creador de Lucky Luke (n. 1923). 2005 - Laurel Aitken, músico británico (n. 1927). 2005 - Geraldine Fitzgerald, actriz irlandesa. 2005 - Edward Heath, político británico (n. 1916). 2006 - Mickey Spillane, escritor estadounidense (n. 1918). 2007 - Rodrigo Uría Meruéndano, xurista español (n. 1941). 2008 - Leopoldo García Ortega, político español (n. 1919). 2009 - Micky Rospigliosi, comentarista deportivo de televisión e radio (n. 1965). 2009 - Walter Cronkite, presentador de programas de radio e televisión (n. 1916). 2011 - Juan María Bordaberry, político e presidente uruguaio (n. 1928). 2011 - Taiji Sawada, músico xaponés (n. 1966). 2011 - Juan Arza, futbolista e adestrador español (n. 1923). 2011 - Wilna Saavedra, política chilena (n. 1930). 2011 - Salvador Rocha Díaz, avogado e político mexicano (n. 1937). 2011 - Mariano Vega, periodista e escritor canario (n. 1941). 2019 - Andrea Camilleri, guionista, director teatral e televisivo, e novelista italiano (n. 1925).

Festas e celebracións Día Mundial do Emoji .

Outros Santoral:

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Xullo