A igrexa de San Martiño de Ozón, é un templo relixioso situado na parroquia de San Martiño de Ozón, a sete quilómetros de Muxía.
Descrición O seu interior pertence ao románico do século XII. Son salientables neste sentido os arcos circulares de medio punto, as columnas que permiten acceder á capela maior e a bóveda de canón.
O seu exterior foi modificado nos séculos XVII e XVIII polo que non se aprecia a súa orixe románica.
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Mosteiros e conventos de Galicia Igrexas de Galicia Arquitectura románica
Ozon Ozon