Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros.

Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno. Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa influencia é notable noutras obras.

Estreouse en galego na TVG no outono de 1998.

Sinopse O filme consta de tres historias curtas que Tarantino escribiu cando era novo; historias que se mesturan conforme avanza o filme. A trama comeza cun home e unha muller chamados Pumpkin (Tim Roth) e Honey Bunny (Amanda Plummer) nunha cafetería, que se dispoñen a atracar. Logo dos créditos, a historia segue cuns «gángsters», Vincent Vega (John Travolta) e Jules Winnfield (Samuel L. Jackson), que son enviados polo seu xefe Marsellus Wallace (Ving Rhames) ó piso duns raspiñeiros chamados Marvin (Phil LaMarr), Brett (Frank Whaley) e Roger (Burr Steers) a recuperar unha estraña maleta cuxo contido nunca é revelado. Ó chegar ó piso recuperan a maleta e matan a Roger e a Brett. Entón dá comezo á primeira historia: «Vincent Vega e a esposa de Marsellus Wallace». Nesta historia, Vincent ha de levar a cear a un asador a Mia (Uma Thurman), a esposa de Marsellus, xa que el ten que ausentarse.

A segunda historia: «O reloxo de ouro» narra a estafa de Butch (Bruce Willis) a Marsellus Wallace e a súa problemática fuxida da cidade.

Na terceira, «A situación con Boonie», estamos outra vez no piso no que Vincent e Jules matan a Roger e a Brett, onde termina a escena na que nos quedamos anteriormente. De súpeto aparece un cuarto home do baño (Alexis Arquette) que lles dispara sen chegar a darlles. O cuarto home é seguidamente asasinado por Vincent e Jules. Tras saír do edificio con Marvin, que en realidade era amigo de Jules, soben ó coche e Vincent, accidentalmente dispáralle na cabeza a Marvin, polo que teñen que esconder o coche e arranxalo. Escóndeno en casa dun amigo de Jules, Jimmie (Quentin Tarantino) e coa axuda do Señor Lobo (Harvey Keitel) arránxano. Logo pasamos ó epílogo no cal Vincent e Jules están na cafetería na que estaban Pumpkin e Honey Bunny ó principio.

Personaxes John Travolta como Vincent Vega Samuel L. Jackson como Jules Winnfield Uma Thurman como Mia Wallace Harvey Keitel como Winston Wolfe Tim Roth como Ringo/"Pumpkin" Amanda Plummer como Yolanda/"Honey Bunny" Maria de Medeiros como Fabienne Ving Rhames como Marsellus Wallace Eric Stoltz como Lance Rosanna Arquette como Jody Christopher Walken como Capitán Koons Bruce Willis como Butch Coolidge

Premios En 1994: 7 nomeamentos ós premios Oscar con só un premio gañado: 1. Mellor película

2. Mellor director (Quentin Tarantino)

3. Mellor actor (John Travolta)

4. Mellor actor secundario (Samuel L. Jackson)

5. Mellor actriz secundaria (Uma Thurman)

6. Mellor guión orixinal: "GAÑADORA"

7. Mellor montaxe

1994: Foi Palma de Ouro no festival de Cannes

Banda sonora 1. Misirlou - Dick Dale & His Del-Tones 2. Royale With Cheese - John Travolta 3. Jungle Boogie - Kool & the Gang 4. Let's Stay Together - Al Green 5. Bustin' Surfboards - The Tornadoes 6. Lonesome Town - Ricky Nelson 7. Son Of A Preacher Man - Dusty Springfield 8. Bullwinkle Part II - The Centurians 9. You Never Can Tell - Chuck Berry 10. Girl, You'll Be A Woman Soon - Urge Overkill 11. If Love Is A Red Dress (Hang Me In Rags) - Maria McKee 12. Comanche - The Revels 13. Flowers On The Wall - The Statler Brothers 14. Personality Goes A Long Way - John Travolta 15. Surf Rider - The Lively Ones 16. Ezekiel 25:17 - Samuel L. Jackson

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Quentin Tarantino Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de A Band Part Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1994 con versión en galego